Balbordar

As augas dos ríos, sobre todo as fervenzas e os remuiños fan moito balbordo.

O sonido que se escoita é o balbordo das augas dun río.

O balbordo é un ruido continuo, que entre outras cousas produce un río no seu camiñar.

Tamén se chama bruazo ou  brúo.

 

 

 

É típico nos ríos o balbordo das fervenzas e dos remuiños.

Na fotografía,  sacada na Ferreiría en Chandrexa de Queixa,  o balbordo do río era bastante grande.

Neste lugar xúntanse dous ríos entre eles o río Queixa.

 

 

 

Dende o muíño de Allariz escoitase o balbordar da auga deste cachón.

Non confundir o balbordar dun río, que é o que se escoita de fondo,  co gran estrondo que produce unha fervenza que é o amecar do río.

 

 

 

Cóntase que en Lugo, en Portomarín... o río Miño vai caladiño desde un día en que a Virxe pasou pola súa beira co seu fillo no colo. Quixo anainalo e adormecelo, pero o río veña a bruar e choutar. O neno non prendía no sono con tanto balbordo das fervenzas e dos remuiños da auga. Entón a Virxe encarouse co río e dixolle: "Río Miño, vai caladiño, non me despertes o meu meniño". E dende entón, as augas do río Miño corren sen balbordar.

O texto anterior está sacado do sensacional libro "Cando os animais falaban"  de Xosé Miranda e Antonio Reigosa.

O dibuxo é de Andrés Meixide.

Editorial Xerais. 2002

salir.jpg (922 bytes) Saír.