Samargullar

    Cando nos metemos nun río e nadamos ou andamos por debaixo da tona da auga o que facemos é un samargullo, unha palabra marabillosa que equivale en galego a feito que decimos en español de bucear.  O verbo é polo tanto samargullar. No "Gran dicionario xerais da lingua" a palabra leva a somorgullo e fai referencia entre outras como locución adv. por debaixo da auga.

Anxel Fole no seu libro "Terra brava" Galaxia 1976, fai referencia a esta palabra cando escribe sobre un rapaz que anda a buscar o corpo de D. Francisco, un desaparecido;

..."Puxérase moi lado a iauga, e tiveron que agardar unhas horas a que volvese a crarexar.

   Un rapaz que nadaba moi ben despiuse e botouse de samargullo. Primeiro, nada; a segunda vez traguía na mao a chisteira do cabaleiro, que estaba enganchada na raigaña dun castiñeiro da outra orela...."

 

Na fotografía están un pai e un fillo  facendo samargullo nun río.

Descoñezo o autor da fotografía.

   

Nesta outra, sacada por Zuzuna, no río Pedras na Coruña, vese un rapaz facendo samargullo nesta poza marabillosa do río citado.

 

Nota: dar as gracias o compañeiro e amigo do Club de Pesca Morforte, Manuel Rguez. Neira, que no campeonato que fixeron o 29/05/2017, "Cebo" pesca da troita,   na comida, a que me invitaron,  falando sobre o dicionario fluvial lembrouse desta marabillosa palabra.

salir.jpg (922 bytes) Saír.