Trátase dun paso para atravesar o río, feito para comunicar pueblos ou ben como antiguo paso importante. O paso debe permitir cruzar á carros, persoas, animais, etc.

     Non hai que confundir unha ponte, cunha pontella, cun pontillón ou unhas pondras, son cousas completamente distintas.

Algunhas pontes:

 

 

Ponte no río Barbantiño en Mandrás, Ourense.

 

Está moi ben conservada e o lugar é maravilloso.

Fotografía Autor da www (Maio 2002).

 

 
 

 

Ponte no río Outeiro en Francelos en Ourense.

 

Por certo amenazado cunha minicentral.

Fotografía Autor da www.

 

 

Ponte no río Lonia en Ourense.

 

Fotografía Autor da www.

 

 

Ponte Vella no río Miño en Ourense.

Sin lugar a dúbidas a ponte máis importante de Galicia. Ten sete arcos nada menos. É do século I inda que foi modificada en distintos séculos entre eles o XIX.

Fotografía Autor da www.

 

 

Ponte vella de Ourense, sobre o río Miño:

Outra vista da ponte Vella de Ourense, unha xoia de sete arcos. Ó único romano é o da dereita de todo, o resto son engadidos en distintos séculos.

 

 

 

Ponte romano de Vilariño Frio en Ourense.

 

Ponte romano, do mellor que temos na provincia de Ourense. Este está en Vilariño Frío.

En pequeniño é marabilloso.

Fotografía ??.

 

 

Ponte no río Umia (Ponte do Areal).

Esta ponte está hoxe, xaneiro do 2002,  xa debaixo do encoro do Umia. Unha auténtica aberración innecesaria, nun río fora de serie.

Fotografía Fran Ameixeiras.

 
 

 

Ponte no río Umia (Ponte do Areal).

Esta ponte que é a mesma de arriba soio que nesta fotografía xa están feitas as rozas e as talas para encorar. Un desastre.

Fotografía Autor da www.

En Ourense aparta da xa postas temos unha pontes extraordinarias, algunhas moi ben conservadas. Vexamos algunhas:

 

 

Ponte Freixo no río Arnoia.

 

Unha ponte maravillosa. Esta Ponte está situada por baixo de Puentegrande en Ourense.

Fotografía  de José Felix Romero. (1989)

 
 

 

Ponte Bibei no río Bibei.

Dicen que a Ponte que se conserva meior en Ourense.

Dende logo resistiu a tira,  xa que moitos anos era a estrada de Ourense o Barco.

Hoxe sigue estando nos codos de Larouco, pero ten menos circulación .

Fotografía  de José Felix Romero (1989).

 
 

 

Ponte Navea no río Navea.

 

Unha ponte maravillosa.

Un pouco abandonada.

O río Navea nese lugar de pena.

 
 

 

Ponte San Clodio en Leiro. Río Avia.

 

Unha ponte maravillosa.

Personalmente é unha das pontes que máis me gusta.

Quedou bastante estropeada coas enchentas do 2001.

Fotografía  de José Felix Romero (1989).

 

 

            

"Que ben se soña, mozo ou vello

sentado á vosa orela

en tanto cantan os moiños

e alén das nubes quedas

do serán, na gaiola dos ceos,

unha a unha acéndense as estrelas...

 

¡Quezáis un día, pontes da miña infancia,

volva a escoitar o melro á vosa veira!...."

 

 

Trociño da poesía que dedica Xose Otero Espasandin  as  Pontes do río Lerez, por certo un río fermosísimo e hoxe ameazado de morte por Fenosa, onde pretende intalar varias minicentrais.

Penoso....

 

-o-

 

 

 

Lenda de

 

Ponte Freira

 

Copio literalmente o seguinte texto dun libro fermoso que se chama Camiños, pasos e pontes de Begoña Bas, onde recolle una lenda moi fermosa relativa a Ponte Freira. En xeral tódalas pontes teñan a súa lenda, esta é a da ponte citada:

"...sitúase polo ano 791, nun día en que toda a aldea estaba reunida para celebra-lo casamento dunha nova parella; nisto aparecen os mouros e mentras os homes se van armar para os combater, as mulleres, nenos e vellos foxen para a cume do monte; os mouros vencen ós da aldea e comenzan a subir cara o lugar onde estaban os refuxiados que, aterrorizados, buscan un paso encima do fondo dun barranco, mais este paso desaparecera. Entón, a noiva fai a promesa de ofrecer a Deus tódolos días da súa vida se os salva do perigo; de contado, quita o veo branco, lánzao a outra beira quedando desde xeito tendido, e pon o seu pé sobre o mesmo. O veo colleu a dureza e consistencia dunha pedra, todos pasan sobre el e, cando os mouros queren face-lo mesmo, o paso ábrese ó medio e estes caen, sendo que os que  aínda non comenzaran a pasar, foxen. Cando queren recolle-lo veo, xa non o poden facer, pois a branca ponte quedaría alí para sempre....."

 

Precioso.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.