ALANCAR

ALANCAR  é no dicionario  de Xerais,  en sentido figurado,  "avanzar con rapidez e a grandes pasos", e tamén se pode usar, de feito eu vín o texto,  para indicar cunha troita está alancando o cachón para subir río arriba, os seus pasos neste caso son saltos especiais...

Aquí tendes un cachón que unha troita pode salvar perfectamente alancando.

Non é a primeira vez que vexo subir a unha troita estos cachóns...

......  

O texto onde vín a palabra alancar facía referencia a esta fotografía e está escrito nada menos que polo gran poeta Víctor Campio e decía desta forma:

"...Acadei o teu video, coa música de Schubert, pero sobre todo coas nosas fermosas paisaxes, ríos, salgueiros, amieiros e as troitas alancando contra corrente sobre as augas. Magnífico!..."

Pois gustoume, pareceume un uso sensacional e aquí tendes a palabra, como unha máis do meu dicionario.

A fotografía é de Tomás Pérez hernández e está sacada no Invernadeiro en Ourense.

   

Encoro de Frieira. Río miño. O río deva está a poucos kms. arriba desta presa. É un afluente do río Miño pola esquerda, en Cortegada.

Na páxina 61 do libro de Juan José Moralejo (1941-2012)  "As Troitas, Miñas Señoras" aparece o seguinte texto:

..."O encoro do Miño na Frieira papoulle ao río Deva os últimos dous quilómetros, da Brabela a Vilanova, que eran do mellor que teño visto porque o Miño metía moita troita grande e o río baixaba as alancadas, con pozos e presas tan cubertas de amieiros e vimbios,  e máis unha recta entre lameiros que era do mellor para o saltón: os pescos e naseiros da Brabela xa están documentados do ano 1000 no Mosterio de Celanova, ¡toma pedigree, rapaz!..."

Neste link tendes troitas alancando un pequeno cachón no río Deva en Arbo. Ver este link. o video é do meu amigo e compañeiro de pesca Julio Taboada (Páxaro)

salir.jpg (922 bytes) Saír.