Pescar a vella.

"Pescar a vella"  é coller a troita máis grande do pozo.

Nas miñas andanzas de pesco polos ríos de Galicia sempre se fala dunha troita grande collida nos distintos ríos e de troitas enormes nun pozo determinado. Pois ben,  sempre se dice anda a "vella" por ese ou outro pozo...

No que sigue tendes unhas cantas troitas que ben poderían ser a "vella" do pozo, e en moitos casos seguro que ó era...

Troita común de río.

Botou 3,00 kg. e foi collida, a culleriña,  en Pontegrande no río Arnoia, polo meu amigo e compañeiro de pesca Alberto Prego, por certo con axuda doutro amigo Félix Valeiras.

Dimensións: 65 cms.

Observar a proporción entre a cabeza e o corpo (sobre 4:1 ou 5:1). Unha troita moi estilizada e vese fácilmente que non é unha "pachanga"...

Seguro que era a "troita vella" do pozo.

 

....

Troita común de río. Botou 2,200 kg. e foi collida  a pluma,  no río Miño en Ourense,  polo meu amigo e compañeiro de pesca Felix Valeiras.

Trátase dunha femia.

Dimensións: 58 cms.

Observar a proporción entre a cabeza e o corpo (sobre 4:1 ).

Por suposto no río Miño inda quedan troitas de moito peso, esta é unha delas.

Seguro que era a "troita vella" do pozo.

......

Esta troita non debera figurar nesta relación, pero figura. E figura xa que foi a maior troita que collín na miña vida, e eu, soio eu, son o dono da web, así que ahí van os datos:  1,600 kg de peso 58 cms. e collida con fio do 16 mm. e unha plumiña  pequena, moi pequena. Río  Limia en Aceredo (1972), hoxe debaixo dun encoro. Saqueina rápido do río, é coña, en 45 minutos máis ou menos...disfrutei a tope, marabilloso...

Seguro que era a "troita vella" do pozo.

......

Troita bastante boa conseguida polo meu amigo Quico, que foi Presidente da Asociación de Pescadores de Ribadavia, cando eu estaba traballando precisamente nesa vila e collín a gran aficción que teño a pesca actualmente...

Non sei os kgs. que botou,  pero polo tamaño e o aspecto andaría polos seis kgs.

Troitas deste tamaño había moitas no río Avia e por suposto no río Miño.

Non era doado collelas, pero especialistas había. Daquelas pescábase moito con peixe vivo. Hoxe está prohibido...

A fotografía é da súa filla Mª José e está sacada do seu blog.

Seguro que era a "troita vella" do pozo.

   

Troita sensacional, observar que está moi delgada pero que pasa do metro de lonxitude. Foi conseguida polo meu amigo e compañeiro de traballo Braulio; que fai pouco nos deixou.

Non sei os kgs. que botou,  pero polo tamaño e o aspecto andaría polos cinco kgs.

Troitas deste tamaño había moitas no río Avia e por suposto no río Miño.

A fotografía está sacada do blog "Cajón de los recuerdos". Na foto aparecen Javier Miguez e Braulio Soto, Xavier ten a cesta chea de troitas.

Tamén a seguinte é do río Avia en Ourense...

Braulio falleceu recentemente.

Onde estés amigo unha aperta.

Seguro que era a "troita vella" do pozo.

 

 

   

Esta fotografía está collida, o que se dice pescaba e ben pescada por un rapaz entrañable para mín. Un alumno da miña época inesquecible en Ribadavia como profesor de matemáticas  no ITEM de Ribadavia, e  un amigo actualmente.

Trátase de Amando Canitrot que me remite este texto: "Bos días, Secundino!. Mándoche unha foto miña, con unha troita que pesquei cando tiña 15 anos (fai 39 anos), en 1.970. Lugar de pesca: presa do muiño do Raiña, na Foz (Ribadavia). Pesou 3,5 Kg. pero non me lembro da medida, ainda que tendo en conta que eu xa medía 1,70-1,75 m., a troita podería ter entre 50 e 60 cm"

A troita foi pescada no río Avia. 1970.

¡Que grandes ríos o Avia e o Miño naqueles tempos, dos mellores do mundo...!.

Hoxe defenestrados...

Seguro que era a "troita vella" do pozo.

   

Troita coñida polo meu alumno Manel (alumno de matemáticas,  non de pesca) de Ribadavia- Ourense, seguramente no río Avia.

A troita bota por riba dos tres kilos.

Manel sempre foi un pescador experimentado e de feito inda hoxe en día participa en campeonatos e con moi boas clasificacións.

A fotografía mándame Luis Lerox dende o país vasco.

Seguro que era a "troita vella" do pozo.

   

Este exemplar de troita foi pescado seguramente no río Miño en Castrelo, tratase dun exemplar que supera o metro de lonxitude e que seguramente andaría polos 8 kg.

Troitas deste calibre colléronse en tempos no río Miño.

Na fotografía vese a Lebón,  o pai de Álvaro,  un amigo para mín nos meus tempos de Ribadavia anos 1968-1977.

Lebón falleceu recentemente.

Onde estés amigo unha aperta.

Seguro que era a "troita vella" do pozo.

   

Esta troita (moi parecida a anterior de Lebón),  que apenas se distingue (a calidade da fotografía é minima, 21 kb.) bate tódolos recors das troitas anteriores xa que ten unha peculiaridade, foi pescada nun pequeno regato de Lalín en maio do 2010. A troita pesou 7,5 kg. e medía 94 cms. Unha troita moi grande máxime si se coñece,  como é o meu caso,  a tosta onde foi pescada, nun regato o río Seixas que é un afluente pola esquerda do río Deza.  Observar a proporción da troita, totalmente estilizada cunha cabeza moi grande e unha proporción aproximada 5:1.

A troita resulta incrible que pudese vivir nesa tosta de non máis de dous metros de profundidade e non moi longa.

Seguro que era a "troita vella" do pozo.

salir.jpg (922 bytes) Saír.