Trátase dunha pontiña pequena para atravesar o río, cunha característica particular : que soio ten un vano. Normalmente utilízase para o paso de persoas e gando, pode pasar tamén un carro.  Tamén se chama ponticela, pontello,  pontigo e pontón  en moitos lugares.

Ollo, o pontillón é distinto xa que ten varios vanos, cubertos por grandes lousas. (Esto varía según as zonas de Galicia. Sobre estos temas hai un libriño moi interesante que se titula  Camiños, pasos e pontes de Begoña Bas. O que debe quedar claro é que as pontellas e pontillóns son construccións de paso máis pequenas que as pontes.)

Ver unha pontella, na primeira e segunda fotografía, e un pontillón na terceira fotografía.

 

 

 

Pontella no Río Mao en Ourense.

Non é o mesmo unha pontella que un pontillón.

A pontella soio ten un soio vano. Pode pasar un carro si compre que pase.

Neste caso é a pontella de Nogueira, no río Mao en Leboreiro. A carón desta pontella hai un refuxio de pescadores.

 

 

Foto Xunta.

 

Pontella no Río Selmo no Caurel.

Nesta fotografía marabillosa, da que descoñezo o autor, vese perfectamente unha pontella atravesando o río Selmo.

Polas pontellas podía pasar, si estaba en bon estado, un carro coas vacas.

Polo pontillón, que é a fotografía seguinte non pode pasar un carro de vacas.

 

Foto Felix Valeiras

 

Pontillón típico no río Arnoia.

Trátase dun potillón auténtico, feito fai moitos anos e que cruza o río coas características ditas. En inverno pode quedar cuberto polas crecidas.

Normalmente polo pontillón non pode pasar un carro.

 

 

Fotografía de S. Lorenzo. Autor da www.

 

Pontillón sobre o río Avia en Salón, xusto onde desemboca o río Viñao.

Para mín é o maior pontillón da provincia e probablemente de Galicia. Ten aproximadamente 50 metros. Está en moi mal estado, igual que o río Avia,  que Fenosa Generación S.A. ó deixa prácticamente seco, nese tramo.

 

 

 

Pontillón de Salón (río Avia-Ourense):

Eu penso que o pontillón anterior e o mismo que aparece no libro os ríos galegos de Otero Pedrayo. Páxina 14.

Penso que é o máis largo de Ourense.

Neste libro Otero Pedrayo chámalle pontella.

 

 

Fotografía de S. Lorenzo. Autor da www.

 

Pontillón no río Arnoia na zona do Rexo, en Allariz Ourense, 

Tamén é bastante grande.

Eu penso que o lector ten claro, despois das fotografías anteriores, o que é un pontillón e unha pontella, pero repito os nomes son según a zona de Galicia.

Vela máis abaixo noutra época do ano.

 

 

 

Pontella sobre o río Deza, por certo en non moi bon estado.

A pontella soio ten un vano.

Antiguamente por esta pontella podía pasar un carro sempre e cando se necesitara, xa que un fallo teno calquera,  e ir o río con todo non é plato de gusto.

 

Pontillón do Rexo no río Arnoia en outono. Descoñezo o autor da sensacional fotografía, sacada do diario  La Región de Ourense do día 08/01/2012.

Pontillón do Rexo en Allariz (ourense). Río Arnoia. O mismo da fotografía anterior. 45 metros. Fotografía de Secundino Lorenzo. Maio 2012.

Pontillón de Xunqueira (ourense). Río Arnoia. O mismo da fotografía anterior. 40 metros. Fotografía de Secundino Lorenzo. Maio 2012.

Pontillón do río Avia en Salón o mismo que está fotografía máis arriba (Otero Pedrayo e unha fotografía miña). É o maior pontillón que coñezo en Ourense, 50 m.

 

Pontella no río Louzara, preto do pobo de Santalla. Tamén se ve unha poesía sensacional  dedicada o río Lóuzara. A poesía é de Fiz Vergara Vilariño.

Esta poesía está a carón da pontella anterior, forma parte dun roteiro sensacional que hai en Santalla. Este punto precisamente o punto 4 aparece firmado por Álvaro de la Vega e a poesía é do gran Fiz Vergara Vilariño (Poeta nado precisamente en Santalla de Samos 1953-1997) . Sobra que diga que a poesía me parece incrible do bonita e ben feita que está...

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.