Bosque de Galería.

Chámanse Bosques de Galería e tamén Bosques de Ribeira o conxunto de árbores, plantas, arbustos e lianas que están a carón do río. En realidade trátase dunha estreita rengleira verde de árbores que gardan o río. Tamén se chaman bosque ripario, souto ribereño, bosque húmido.

É de vital importancia para o río e forman, efectivamente, bosques auténticos con seres vivos que dependen únicamente destes  bosques.

Hoxe estanse estropeando (desfacendo)  bosques de galería básicos para a nosa vida  no futuro.  Un progreso mal entendido e que soio mira o bolsillo. Lamentable...

 

 

 

Exemplo típico de bosque de Galeria. Na fotografía, do autor da www,  vese un tramo do río Camba, preto de Vilariño de Conso en Ourense.

As árbores neste caso son amieiros e bidueiros, probablemente algún salgueiro.

Nesta fotografía teñen o abrigo de inverno, ou sexa non teñen follas.

É unha magoa que o río case non leve auga, polo de sempre...os encoros e o caudal ecolóxico...

Por certo o Camba é un afluente do Bibei, e era un río fora de serie.

Fotografía do ano 2000.

 

 

 

 

Bosque de galería típico.

Río Barbantiño en Ourense, por debaixo da fervenza, un día que non traballaba a minicentral de Engasa.

Son moi frondosos no verán e no inverno quedan prácticamente espidos.

Son auténticas marabillas da natureza.

Foto do 2001

 

 

 

 

Outro bosque de galería típico. Río Viñao preto da súa desembocadura en Salón,  no río Avia.

A fotografía está sacada no inverno. No verán non se vería o río, xa que se cubre das ramas das árbores que tapan absolutamente o seu canle.

Hoxe, xaneiro do 2002, da gusto, xa que leva auga. En tempos este tramo estaba seco. Desenrolo sotenible lle chaman a esa desfeita.

Foto do 2002

 

 

 

 

Outro exemplo.

Son bosques moi sombríos no verán, teñen polo tanto características propias. O seu habitat é moi peculiar.

Neste caso trátase do río Barbantiño, que ten un bosque en galería típico e que está moi tupido.

Foto do 2001.

 

 

 

 

Bosque de Galeria típico do río Arnoia en Ourense.

A fotografía está sacada polo autor da www na zona de Puentegrande, unha zona, en tempos, paradisíaca para a pesca da troita.

Trátase de amieiros e bidueiros.

Hoxe é unha magoa.

Foto de 1975.

 

 

 

 

Bosque de Galería típico. Na fotografía a maioría son bidueiros, pero tamén hai salgueiros e ulmeiros, cousa nada común en Galicia.

A fotografía do autor da www está sacada no río Lubian en Zamora.

Bosque de ribeira, neste caso do río Barbantiño. Neste bosque abondan os amieiros, carballos, freixas e moitos fentos reais.

O bosque de ribeira do río Barbantiño entre a estrada que vai a Amoeiro e a minicentral que se fixo no 1998 era dos mellores bosques da provincia de Ourense. Hoxe está moi arruinado xa que moitas veces non leva auga o leva moi pouca e as árbores así van morrendo, na fotografía xa se nota este desastre.

salir.jpg (922 bytes) Saír.