DELTA.

 

Un delta é unha construción sedimentaria, xeralmente de forma triangular que se forma na desembocadura dun río cando a súa corrente non ten forza abonda para levar as areas e materiais que transporta ó interior dun mar o un lago. (Ata aquí a definición o pe da letra que trae o Gran Dicionario da Lingua  de Xerais).

As formacións dos deltas é bastante complicada xa que moitas veces pola pouca velociade do río vanse depositando materiais outras nas crecidas o río busca canles por onde llegar o mar e o final é unha mezcla de todo. Nos estuarios ó ter unha preamar forme esta actua de dique, logo o baixar ocurre todo o contrario e a velocidade aumenta. Nos deltas non, resumindo chegan moitos materiais pero o mar non os pode levar todos, falta forza, faltan mareas...

En Galicia non é o lugar idóneo para formarse deltas.

 

Delta do Ebro.

Este é o Delta do Nilo.

Os deltas atópanse, por regra xeral, en mares sen mareas, ou con pequenas mareas. O tema é que o aporte do río sexa superior a forza do mar.

Por eso en Galicia non temos deltas, que eu sepa.

O feito de poñer esta palabra no dicionario fluvial está para mín claro. Os ríos en xeral na súa desembocadura no mar teñen estas tres manifestacións: esteiros (como o río Miño), rías como moitos ríos galegos (Ulla, Tambre, etc.) e finalmente Deltas.

Esteiro do río MIño. Nos esteiros o material vai rápidamente o mar. Hai acumulacións pero varian moito.

Nos deltas, neste caso o do Ebro , os materiais non dan saído ó mar e vanse acumulando.

Ría de Arousa, que está formada polo fundimento dun val fluvial formado neste caso polo río Ulla.

salir.jpg (922 bytes) Saír.