Chamábanse barcas, tamén barcas de pasaxe, as embarcacións (utilizadas nos ríos galegos), coas que cruzaba a xente os ríos. Normalmente podían ser de gran tamaño, xa que algunhas podían levar ata tres carros e 25 persoas. O normal era que poderan pasar sobre 10 persoas.
As barcas do porto de Ourense, no ano 1436 podían transportar 20 rocíns cargados e os seus mozos. ( Información sacada do libro " As barcas e os barcos de pasaxe da provincia de Ourense no antiguo réximen" de Olga Gallego Domínguez, editado pola Deputación Provincial de Ourense en 1999, un libro que fala da historía dos ríos ourensáns, un libro básico).
Persoalmente lémbrome da barca que saía do río Barra é que cruzaba o río Miño ata Melias ( probablemente foxe a barca de Silva, dá que fala Olga Gallego, pero non teño nin idea).
A Barca de Ribadavia. Na fotografía de (M.A.P.O) aparecen Rubén Garcia Álvarez e Xesús mª Ferro Delgado.
A fotografía está sacada do libro citado, un libro que é toda unha historia e un estudio exhaustivo sobre as barcas en Ourense.
........ A fotografía está sacada do libro citado, " As barcas e os barcos de pasaxe da provincia de Ourense no antiguo réximen" de Olga Gallego Domínguez.
Na foto a Barca de Barbantes saíndo do porto de Feá.
...... A fotografía está sacada do libro citado, " As barcas e os barcos de pasaxe da provincia de Ourense no antiguo réximen" de Olga Gallego Domínguez.
Na foto a Botadura dunha barca nova no porto de Feá.
Nunha barca parecida cruzaba eu o río Miño, cando era cativo, dende o regato de Barra a zona de Melias ( a festa).
Por suposto que o término de barca é moito más amplio que o visto arriba, ver por exemplo o artigo "As embarcacións fluviais do legado patrimonial a novos usos en activación" de Xosé Manuel Vázquez Rodríguez, publicado no nº 2 da revista "Ardentía"; onde fala de que hai ata dez tipoloxías básicas de embarcacións nos ríos galegos, que superan a quincena si se consideran as variantes locais.
Dende o barco de dornas, os batuxos, a barca do Sil, as gamelas, a barca de Chantada, a barca do Ulla, as lanchas , as batelas, os caíques, os carochos, o anguleiro ou barco do Miño, a barca do Landro, a barca da Lagoa de Antela, as barcas de pasaxe, as barcazas do Miño ata chegar as barcas de ocio e de lecer, todo un mundo.
Algúns exemplos:
|
|
|
|
|
|
|
|
|