Coio , seixo, coial, coiñal, coiñeira, coído.

  

Un coio é un anaco de pedra, de granito ou seixo, de calquera tamaño que sexa, xeralmente arredondeado polo arrastre das augas e que soe atoparse nas beiras do río e por suposto no leito do río.

O coio tamén se chama seixo e croio.

Un coial, é un conxunto de coios preto dos ríos. Tamén se chama coiñeira polo menos no río Miño por Laias.  Outros nomes son coieira, croieira, coído e boleira.

Nesta fotografía, sacada no paseo das Ninfas en Ourense, a carón do río Miño, vese un coial ou coiñeira perfectamente.

Un coial, é polo tanto un conxunto de coios, cantos rodados preto dun río.

..

Na fotografía o mismo coial que na anterior pero sacada noutro momento. A fotografía é polo tanto do río MIño, os coios dín un pouco negros demais, é o problema de Ourense que moitas veces a agua ven aceitosa e deixa o coial negro.

Eu penso que son os aceites que votan as turbinas dos encoros. Habería que arranxar esta desfeita.

Cando era rapaz, o baixar o río debaixo das pedras había moreas de anguías; hoxe non hai nin a primeira.

¡Non hai dereito a facer esta desfeita, Srs. de Fenosa!.

...  

Na fotografía, sensacional, vese unha troita en postura, por suposto viva e no leito do río. Todo o que rodea a troita son coios, pedras arredondeadas de tódolos tipos. Algunhas son de granito, outras pizarrosas, etc.

........

Na fotografía vese unha persoa que non sei quen é, sentada nun típico coial do río Miño, moi preto de Sela onde algunhos bárbaros queren facer un encoro que rematará definitivamente co noso río pai , o río Miño.

No río Miño hai moitas coiñeiras.

salir.jpg (922 bytes) Saír.