Cebar a troita é cando as troitas suben a superficie para comer o mosquito, do tipo de sexa ( efémera, tricóptero, etc.).
O pescador sabe que ese é un gran momento para coller troitas coa pluma. O atardecer, no sereno é a mellor hora.
(A troita pode cebar en calquera lugar do río, polo tanto o feito de cebar non fai referencia a ningún rincón concreto do río.)
Na fotografía de R. Valentine Atkison, vese un atardecer nun río troiteiro. Ese é o mellor momento para que ceben as troitas.
Chámase "o sereno".
¡¡ Sensacional !!
¡¡ Hai que vivilo !!
.. Fotografía de R. Valentine Atkison collida no momento cunha troita sube a superficie da auga para coller o mosquito. Neste caso según o autor un tricóptero.
.. Nesta fotografía vese perfectamente que estan cebando.
Os círculos do medio do río son característicos.
Logo, pódese estudiar si o que ceba é unha troita ou un ciprínido, a verdade é que pode saberse normalmente. De tódolos xeitos non volo conto xa que non se trata dunha ciencia exacta.