Pucharca

      Unha pucharca é unha poza que queda non chan despois de chover, ou ben cando baixa o río no estiaxe.

     Tamén se chama cachafundo que son tamén pozas que quedan no leito dun río, o desviar o seu curso ou secar. Lembro a coller algunha troita nestos cachafundo no Navea en Chandrexa de Queixa.

As pucharcas son típicas a carón dos ríos. Moitas veces constituen auténticos ecosistemas onde non falta nada. Lembro nunha ocasión en Chandrexa que ata había na pucharca unha troita con vida. Incrible.

Na parte dereita da fotografía vese unha pucharca que quedou aislada do río.

Nos ríos de montaña son típicas.

Tamén no río Miño hoxe coas continuas baixadas e subidas de nivel polos encoros fórmanse moitas pucharcas.

   

Na fotografía vese unha pucharca que queda por debaixo do encoro de Santa Eulalia no río Xarers por debaixo de Alberguería e Mondón.

O caudal ecolóxico prácticamente non existe e así lle vai o río Xares pola zona de Portomourisco ata a desembocadura no río Bibei.

   

Na fotografía vense varias pucharcas ou cachafundos que queda por debaixo do encoro de Prada na Veiga (ourense) no río Xares por debaixo de Alberguería. Bueno, por debaixo do encoro de Prada, que asolagou ASlberguería.

O caudal ecolóxico prácticamente non existe e así lle vai o río Xares dende Prada ata o río Bibei.

 

   

Neste desastre de río Xallas en Ezaro, por debaixo do encoro soio quedan pequenas pucharcas como a que se ve a uns metros da presa.

Barbaridades destas soio se ven en Galicia.

Por certo os domingos as doce en media desaparecen as pucharcas e vese unha pequena corrente baixar ata a fervenza...

No 2011 quedou resolto este problema e as pucharcas convertéronse en pequenas correntes pero todos os días. Tuvemos que acudir a lei...

   

Nesta fotografía nada menos que do río Sil por debaixo do encoro de San Estevo en Ourense só quedou esos días unha pequena pucharca. Dende logo en Galicia as empresas hidroeléctricas como Fenosa, Iberdrola, Ferroatlántica, Endesa, etc. fan cós ríos o que queren,

Nesta fotogrfía convirten o río Sil, neste tramo,  nunha pucharca.

   

Este é o río Sil nesa zona, como vai normalmente. A foto está sacada río arriba e a anterior río abaixo,  pero é a misma.

Sin pucharcas claro...

salir.jpg (922 bytes) Saír.