POSTURA DA TROITA.

En xeral chámase postura a maneira de dispoñe-los membros do corpo unha persoa ou animal.

Neste caso a postura é referida a troita.

Un troita está en postura, decimos os pescadores de troitas, cando está no comedeiro que ten habitualmente ",  lugar onde lle chega a máxima comida co mínimo esforzo",  e ademais nunha actitude de tomar os cebos que se lle presenten para engañala.

As posturas tamén se chaman apostales, e falando da pesca da troita tamén se fala de pescar nas botas. Tantear os apostales ou tantear as botas.

A continuación mostro dúas fotografías sensacionais de troitas en postura.

A fotografía é de Carlos Sanz, un biológo que tamén se dedica a este tipo de fotografía.

Mostra a troita común, Salmo Trutta Fario na súa postura, disposta e atenta a coller o seu alimento ou o que veña.

 

.........

Na fotografía do grupo W.U.A. que se dedica a fotografía submarina, vese tamén unha troita común en postura.

Dende fora da auga non é doado ve-la troita en postura, inda que coñecín pescadores que eran auténticos linces a hora de ver a troita en postura.

Normalmente, os que non temos esa cualidade moi desenrolada aplicamos a "lectura do río" que tamén é un arte.

   

No dibuxo vese o leito dun río así como o sentido da corrente. Pois ben,  as troitas que se ven están en postura, ademáis unha postura típica xa que aproveitan un pequeno remanso para dominar a corrente que é a que realmente lle vai traer a comida. Desta forma tamén están un pouco escondidas e non están na corrente misma.

No dibuxo vense distintas posturas según sexa (de dereita a esquerda) a desembocadura dun regato, unha pedra no medio do río, un remuiño na dereita, unhas arrabazas no medio e a dereita e mismo na beira ou ben un corte de pedra no río no que a postura é mismo a beira.

salir.jpg (922 bytes) Saír.