Caldeira

 

    Chámanse caldeiras, as concavidades de moitas rocas, en  ríos de alta montaña ou río con fervenzas moi abondosas ou forte caudal, que forma a auga pola erosión e o desgaste o bater con forza sobre a roca; así fai auténticas caldeiras nas rocas por onde discurre o río.

   Os ocos son máis ou menos cilíndricos de distintas dimensións, en moitos deles pode atoparse unha pedra case esférica que, empurrada pola corrente en espiral xira producindo o desgaste da rocha, por suposto en centos de anos...

   Tamén se chaman sorbedoiros, poteira, revolvedoiros, furnas, pilacóns, paleiras, marmitas de xigante,  cafurna, etc. 

Estas caldeiras ou sorbedoiros formas os remuiños, tan peligrosos nos ríos.

   Son famosas algunhas caldeiras de ríos de Galicia como as caldeiras do río Castro na Coruña. Hai caldeiras moi curiosas no río Navea, na zona da Ferrería. Tamén no río Viñao por baixo do Couto de Boborás, no río Cerves por debaixo de Prexigueiro, no río Loña en Ourense, no río Miño, no río Arnoia  e en moitos máis lugares de Galicia.

Poteiras no río Miño en Ourense.

Na fotografía, do autor da www, unha caldeira ou sorbedoiro en Ourense, no río Miño, preto do tinteiro.

Os remuiños, que forman estas caldeiras fan afogar a moita xente, cando están máis metidas no río.

 Peligrosos, moi peligrosos.

Neste caso non atopei as  pedras esférica ou cantos rodados que son os cinceles de estas cavidades de remuiño...

 

.....  

Na fotografía de Jóse Antonio López pode apreciarse perfectamente estas caldeiras nun río de Ourense, o río Loña. O nome que se lle da nesta zona son o de paleiras.

Observar no pé da fotografía, no centro, dúas paleiras, neste caso, cheas de auga.

Máis arriba hai outra xa rota pola erosión e a forza das augas.

As paleiras do río Loña, por debaixo do Conxunto arqueolóxico de Santomé, son famosas e impresionantes.

 

...  

Na fotografía do autor da www, pode apreciarse perfectamente estas caldeiras nun río de Ourense, o río Loña. O nome que se lle da nesta zona son o de paleiras.

As paleiras do río Loña, por debaixo do Conxunto arqueolóxico de Santomé, son famosas e impresionantes. 

...  

A zona do río Loña que está  chea de poteiras, moi preto de Ourense, facendo a ruta que vai o Castro de Xantomé.

Dende o Castro vese esta zona incrible, chea de poteiras debido a forza da auga en tempos...

...  

As Caldeiras do río Castro, Muxía ( A Coruña). Fotografía de Fernando Cabeza, sacada do libro "Os nomes da Terra". Noia 2000. Editorial Toxos - Outos.

A auga o baixar polas pequenas fervenzas escava na rocha unhas pozas que semellan caldeiras.

 

............

Na fotografía, do autor da www, unha caldeira ou sorbedoiro en Ourense, no río Miño.

 Concretamente na Pena de Francia, na marxen dereita do río Miño, por riba da Ponte de Ferro.

Este sorbedoiros forman, cando o río leva caudal suficiente,  uns remuiños peligrosos.

......
Na fotografía, do autor da www, unha caldeira ou sorbedoiro en Ourense, no río Miño.

Misma fotografía anterior vista doutro xeito.

O remuiños que forman estas caldeiras fan afogar a moita xente. Peligrosos, moi peligrosos.

 

.....  
Fotos do autor da www. Poteiras en Lubián.

Na fotografía, do autor da www, poteiras incribles no río Lubían, xusto por debaixo da minicentral de Lubián (Zamora).

Estas poteiras teñen varios metros de profundidade.

Maravillosas, pero están desfeitas, prácticamente non teñen auga.

   
Poteiras no Arenteiro. Foto do autor da www.

En Ourense, tamén hai unhas poteiras impresionantes, a da foto ten mais de dous metros. Está no río Arenteiro, na súa desembocadura no río Avia. Impresionantes, merece a pena velas. É, ademáis, unha ruta sensacional.

   

En Ourense son impresionantes as furnas ou poteiras da Peneda, no río Arnoia, no Concello de Cartelle e preto da desembocadura.

Repito impresionantes, xa que teñen máis de catro metros.

Ver a fotografía seguinte para entender a formación destas poteiras.

   

Esta fervenza é a que forma as poteiras na parte esquerda.

Trátase do río Arnoia na Peneda, un lugar paradisíaco, que últimamente está "arranxando", Fenosa,  cunha minicentral ampliada.

A foto pode ser histórica... xa que o que toca Fenosa na natureza, queda, en moitos casos,  arranxado para sempre...

 

 

En marzo do 2010 fun a Castroleboreiro (en Portugal moi preto de Entrimo Ourense) a pescar e atopei as caldeiras mais grandes que vín na miña vida, esta é unha fotografía de esas caldeiras ou pilacóns.

Caldeiras en Castroleboreiro.

 

Nota: Convén que o lector visita outra palabra deste dicionario que ten moito que ver con esta, o término clasto e o tema da evorsión, que explica claramente como se forman estas poteiras.

salir.jpg (922 bytes) Saír.