Chámase agolada ( auga levada, auga conducida) a un rigueiro ou regueiro, que non é máis que parte da auga dun río que se separa, ben para regar ou ben por exemplo para un muíño.
Tamén se chama levada. Outros nomes son Agualada, Augalevada, Agualevada, Igualada (Aigualada).
Vexamos unha pequena mostra:
Na fotografía a auga é levada pola agolada (regueiro ou canal) ata un muiño ou conducida para regar.
...............
Agolada en Allariz, na zona do Rexo, así levaban a auga ata un muiño que hoxe xa non existe.
Nota importante: sobre a toponimia de Agolada ten o meu amigo Manuel Busto Galego, no seu blog Aquam Latam un comentario moi interesante para o que queira ampliar. Pulsar neste link.