As augas mestas son as zonas dos ríos onde confluen dous ríos.
Tamén se chaman: entrelorríos, entrambos ríos, entrasaugas, as mestas, axuntanza, entre ríos, etc.
Río Louzara na súa confluencia co río Lor.
Un claro exemplo de augas mestas ou de axuntanza de ríos.
...... Na fotografía o río Navea en Chandrexa de Queixa recibe pola esquerda o regato de Torneiros, xusto na Ferrería. Sin dúbida nese lugar son augas mestas.
..... Na fotografía o río Miño recibe o río Lonia.
Son augas mestas nese lugar.
Por certo o Lonia é un afluente pequeniño do río Miño en Ourense, un río que require máis cuidados dos que se lle dan. É unha auténtica pocilga natural.
.. Na fotografía de xaneiro do 2002 o río Viñao pola esquerda e o río Avia por debaixo do pontillón, por certo con moi pouquiña auga.
O lugar onde se xunta son augas mestas ou axuntanza.
Por certo a axuntanza e no pobo de Salón, preto de Leiro en Ourense.

Na fotografía de maio do 2010 vese como o río Lor se xunta co río Sil precisamente en augas mestas. A estos lugares chámanlle entrelorrios, ou simplemente axuntanza. Unhas obras que se están a facer no encoro de San Estebo deu lugar a esta baixada de nivel do encoro e a esta fotografía.

Na fotografía, sacada do libro Olelas na lembranza, vese a zona onde se xuntan o río de Olelas e o río da Peneda o río Tibo. O lugar según Alberto Pérez Adán, autor do sensacional libro citado, chámase entrasaugas. Por certo as montañas de enfrente son de Portugal e a marxe esquerda do río é España.