PORTO.

         Un porto no río e un lugar empedrado a propósito nun lugar do río que no estiaxe leva pouca auga e a fin de poder pasar por riba carros, por exemplo de herba ou de centeo.  É polo tanto un vao que se enlastra.

O porto prepárase no verán cando hai pouca auga e consiste en empedrar o río de maneira que o carro o pasar non se enterre.

Outras veces refírese á construcción existente para o paso por medio das barcas. As barcas era un sistema usado para pasar o río  fai anos. Había barcas que non tiñan barqueiro, polo que se precisaba dun aramio que ía dunha beira a outra ó que estaba unida a barca, a persoa que quería pasar, non tiña máis que ir turrando para se ir deslizando ata a outra marxe. e dende alí, seguir camiño.

Texto e fotografía copiado do libro  "Camiños, pasos e fontes" de  Begoña Bas. Editorial Ir indo 1988.

Outras veces, as barcas tiñan barqueiro que cobraban ás persoas que desexaban o seu servicio e que comunmente levaban mercancias e animais. Ver na palabra barcas.

 

 

 

 

Na fotografía sacada en Pentes no río Barxa vese pola parte de arriba dos pasais un porto, lugar por onde se pasa no verán cun carro de vacas por exemplo. Observar o camiño como enfila o porto.

Nese lugar botaron algunhas pedras para que se poida pasar facilmente...

 

 

 

 

Nesta sensacional fotografía sacada do blog sobre Veiga de Camba, que ten este link, vese o río Camba precisamente nese pobo e que hoxe está baixo o encoro das portas en Ourense.

Na fotografía está unha moza que se chama Jacinta Fernández (coa cana do tío Toro), por debaixo das poldras para pasar o río e xusto onde estaba feito o porto para pasar cos carros, por suposto cando había pouca auga no río.

Seica no pobo de veiga de Camba había dous portos un situado no barrio de abaixo e outro no barrio de arriba xunto a ponte.

Hoxe repito este río forma o encoro das Portas, en Ourense.

Pasos no río Pentes en Barxa, preto da Gudiña. Estos pasais (poldras, pasadas, pasais...etc)  son os máis estreitos que eu coñezo en Galicia, son lousas que no chegan a dez cms. de ancho, colocadas de canto... Por outro lado o río é bastante ancho nese lugar.

Este río o cruzar a fronteira con Portugal chámase río Rabaçal. Un sensacional río.

A esquerda pásese en carro perfectamente, por eso é un porto, observar o camiño como enfila ese porto, polo que pasan no verán carros cheos de herba, entre outras cousas.

salir.jpg (922 bytes) Saír.