Chimpa.

En términos de pesca nun río dise que o río "está na chimpa" da culleriña cando non se pode emplear este sistema na pesca da troita xa que o río se encheu de arrabazas ou oucas.

 

 

 

Río Miño na chimpa.

O río énchese de ranunculos que impedin a pesca por exemplo con culleriña e dise que está na chimpa. O río neste caso pódese pescar con mosca.

 

 

Río Tamega na chimpa...

 Esto de estar na chimpa teño escoitado a pe de río moitas veces en toda Galicia. Haberá que investigar máis. De momento recollo a palabra para o dicionario de términos sobre os ríos galegos.

As veces o río está na chimpa en determinados tramos para todo sistema de pesca, ou sexa está impracticable.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.