Anterior Galería_imaxes Seguinte

Aquí vense con máis detalle as minas de Valborraz,  en primeiro lugar a zona de obtención do wolframio, onde en 1945 puxeron unha bomba e explotou, non se sabe quen pero suponse que foron os alemáns unha vez perdida a segunda guerra mundial,  para que non á usaran os aliados...O fondo a casa onde viviron os presos políticos ata 423 que Franco mandou para que axudaran os alemáns a extraer o Wolframio,  tamén se ve parte da casa onde vivía a Garda Civil que vixiaba a zona e os presos. Nesta mina chegaron a traballar 1000 persoas,  entre 1935 e 1945 que foi a segunda explotación. Foi un dos moitos regalos que fixo Franco a Hitler poloa súa axuda na Guerra de 1936-39.

O Wolframio como sabedes era usado para endurecer as pezas de ferro e aceiro dos tanques e demais armamento, xa que ten un punto de fusión e ebullición máis alto de todos os metales 3.380ª e 5.930 Cº respectivamente. É durísimo

A fase alemana durou dende 1937 a 1945.

A mina principiou sendo Belga na etapa 1913 a 1928 por certo o seu dono morreu asesinado en Ourense no Hotel Miño; contas as malas lenguas que o matou o Servicio Secreto Alemán.

Logo uns empresarios da zona de Casaio puxérona en marcha aproveitando a guerra de Corea 1954-1963. Foi a terceira fase da mina.

Anterior Galería_imaxes Seguinte