As pintas vermellas das troitas.

As troitas galegas teñen pintas vermellas. Fotografía sacada no río Cenza en Vilariño de Conso..

Houbo nunha ocasión unha grande batalla entre homes da comarca e mouros. Os mouros vivían no Castro do Viso, no Incio. Por debaixo queda o río Mao. Tanto sangue se verteu, que foi dar o río, e deste ó Cabe, e do Cabe o Sil, e do Sil o Miño, e tódolos ríos avermellaron. As troitas teñen desde entón pintas vermellas e no Mao non hai máis peixes ca elas.

 

Nota: o texto anterior está sacado do libro "Cando os animais falaban"  de Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Aparece contado como un conto. Por certo un libro sensacional publicado por Xerais no 2002. Tamén cunhas ilustracións de Andrés Meixede moi fermosas.

galicia.gif (2685 bytes) Volver