RUTA FERVENZA DO TOXA

Fervenza do Toxa nas enchentas do ano 2000. Estaba impresionante, metía medo. A fervenza pasa dos trinta metros de caída libre.

I

Pódese facer en dous tramos o primeiro ir A Silleda, na estrada de Ourense a Santiago,  alí no medio do pobo coller o desvio para Vila de Cruces/Merza,  e logo  a Pazos de Borden e pasando as obras do ave,  coller a primeira a dereita, podedes deixar o coche a 300 metros da entrada e camiñar un poco, outros 300m,  e xa se vai  directamente o mirador. Marcado con 1. Este vai permitir ver a fervenza dende arriba, ou sexa observar como cae. A vista é boa.

Coordenadas do mirador: 42º 45´ 26.43 N  - 8º  16´ 22.03" O

Coordenadas Google do Mirador: 42,757341-8,272786

Vista da fervenza dende o mirador.

Logo pódese facer o acceso a parte de abaixo da fervenza. Parte 2. Bastaría ir pola ponte antes de chegar a  Sulago e seguir o sendeiro que parte da Ponte sobre o Deza. En total no chega a tres kms. ida e volta. Cando eu fixen esa ruta fai dez anos estaba bastante mal, espero que agora non sexa así.

Ollo si tendes tempos hai unha ruta dende a Fervenza do Toxa o Mosterio do Carboeiro, a pe do Deza, que é sensacional, son 4 kms. Claro que habería que volver. O carboeiro é un dos mosterios máis emblemáticos de Galicia, tamén dos máis expoliados, pero ollo está nun lugar paridísiaco. Único. Por suposto tamén se pode ver directamente en coche xa que hai acceso, claro que non é o mesmo.

Coordenadas do M. do Carboeiro:   42º   45´  19.92 " N -  8º  14´  45.84" O

Coordenadas Google Earth: 42,755553-8,246066

Interés paisaxístico, histórico e botánico.

Dificultade: media.

Recorrido: lineal

Fotografías da Fervenza do Toxa

salir.jpg (922 bytes) Saír