RUTA POLA LABRADA- RÍO LOR

Inicio na Labrada debaixo da ponte da estrada de Monforte  o   Barco - N- 120.

Coordenadas   42º  30´  33.48 "  N   -  7º   20´  40.05 ¨O

Coordenadas Google Earth: 42,5093-7,344458

É moi doado chegar a ese lugar xa que antes da Labrada baixa a dereita, vindo de Monforte, unha estrada que vai xunto a ponte (vese no mapa seguinte). Un bon lugar para deixar o coche. Por suposto si vos pasades tamén se pode entrar máis adiante a esquerda.

A ruta non ten problema ningún e seguir o río Lor río arriba a dereita do río. Hai dous malos pasos, marcados na ruta con puntos blancos,  nunha presa onde tendes que volver para atrás ata a ponte que aparece na fotografía e logo seguir ata iglesia e logo a pe de río. Tamén máis adiante hai outro lugar que para pasar habería que buscar unha escada que non recomento. O mellor volver atrás e subir o sendeiro.

A ruta é marabillosa no aspecto da paisaxe e no aspecto botánico. Son 4 kms de subida e logo volver o mismo lugar, outros 4 kms.

Tamén ten valor etnográfico xa  que no tramo tendes unha antigua ferrería ?.

Interés paisaxístico,  etnográfico, e botánico.

Dificultade: media.

Recorrido: lineal

Fotografías do sendeiro

salir.jpg (922 bytes) Saír