RUTA POLAS FRAGAS DO EUME

Na fotografía pasarela situada un pouco máis arriba do Centro de Precintaxe.

Aquí recomendo dúas rutas.

No dibuxo plantexo a primeira ruta entre o Centro de Precintaxe e o Mosteiro de Caaveiro. Total ida e volta 6 kms.

por suposto que se pode facer dende máis adiante como a pasarela ou a presa e incluso a Ponte Caaveiro que sería  850 m. ida e volta.

A ruta convén facela xa que as fragas son únicas dende o punto de vista botánico, e neste caso o final un toque histórico e unhas vistas fora de serie...

Coordenadas de Saída: 43º  24´ 23.05 " N  -  8º  5´  25.52 " O

Coordenadas Google Earth: 43,406402-8,090422

Nesta fotografía aérea de Xurxo Lobato tendes a ruta vista o revés, en primeiro término o Mosterio de Caaveiro, coa ponte. a esquerda,  que cruza a outra beira, parte esquerda do río. A ruta comenzaría o fondo a esquerda.

Presa do Eume en Google Earth. Chégase a pe de presa co coche perfectamente. Non se pode cruzar.

O segundo recorrido que propoño e visitar a presa do Eume, unha auténtica falcatruada, polo menos cando eu a visitei no 2002 xa que non deixaba no canón casi nin gota de auga. Aqui convén ir ata a presa, eu puden baixar aquel día a pe de río e sacar fotografías e tamén dende Lamela facer un recorrido dun km. e ver o canón. Impresionante.

Este desastre de caudal ecolóxico foi denunciado no ano 2002 polas miñas fotografías, como se podía deixar un río en aquel estado?. Non fixeron nin caso. Hoxe teñan unha denuncia en regla de Rios con Vida, con todo un equipo de letrados detrás, esperemos que arranxen un pouco a desfeita.

¡Non se pode deixar un río sin auga, por moito Endesa que sexa!

Chegar a presa non ten ningún problema, basta coller o mapa e ir ata Lamela , dende Ponteume coller a AC-564 por A Capela.

Coordenadas da presa do Eume:  43º 24´ 29.43" N  - 8º 00´ 37.91 " O

Coordenadas google Earth: 43,408175-8,010530

Interés paisaxístico,  etnográfico, e botánico.

Dificultade: media.

Recorrido: lineal

Fotografías do sendeiro

salir.jpg (922 bytes) Saír