Ruta de "A corga da Fecha"

Fotografía das  fervenzas da Corga da Fecha. Tamén se ve o camiño que fai a ruta completa. Sempre subindo a dereita do  río Caldo. Na ruta hai muiños, unha via romana, miliarios e moitas máis cousas.

A 50 metros do arroio A Corga da Fecha sube un sendeiro que vai paralelo o río, onde se ven unhas pozas espectaculares así como varias fervenzas marabillosas.

A Corga da fecha está no Concello de Lobios en Ourense. Basta ir o Balneario de Lobios que está o pasar Lobios e Vilameá. Non ten perda e ademais está moi indicado. A estrada é a OU-312 que leva a antigua fronteira de Portela do Home, Portugal.

Coordenadas de saída:  41º 51´50.11" N  -   8º  06´ 22.24 O

Coordenadas Google Earth: 41,863919-8,106177

O normal é sair do Balneario de Lobios (381 m), seguindo o río Caldo, marxen dereita do río, e a 2,5 km., e despois de pasar por un muíño,  chegamos a Corga de Fecha. A 50 metros despois de pasar o arroio do Corga da fecha sae un sendeiro para según se sube ir vendo as pozas e as fervenzas, en total basta con subir uns 50 metros. é moi espectacular. O terreno é moi empinado, é dificil.

Na fotografía está marcado o sendeiro para subir e ver unha poza abaixo, unha fervenza e logo onde remata o dibujo vermello unha vista xeral da corga da fecha que é espectacular. O sendeiro sigue ata unha cabañiña de pastor, pero eu recomendo dar a volta e seguir ata os miliarios.

Nesta imaxen do Google Earth vese perfectamente o sendeiro. No punto amarillo vese perfectamente as fervenzas da Corga. Abaixo a carón dunha ponte hai un muíño.

 Volverase a baixar para ir ata os Miliarios (505 m). En total son 4.5 km . A volta faise polo mismo lugar pero sin subir a ver as fervenzas da  Corga da fecha.

Coa volta 8.5 km. Mismo onde están os miliarios, a volta,  pódese volver pola via romana XVII, que unía Braga con Astorga , da que hai restaurada un bon treito.

A volta pódese visitar un muíño que hai xunto a Corga da Fecha, basta pasar unha ponte.

A ruta sempre se fai pola marxe dereita do río Caldo. Non hai perda xa que o sendeiro está a vista e ademais é bastante ancho e señalizado.

Interés:  paisaxístico,  etnográfico, arqueolóxico e botánico.

Dificultade: media.

Recorrido: lineal

Fotografías da ruta.

salir.jpg (922 bytes) Saír