COUTO DA LABRADA. RÍO LOR. LUGO

(Parte II-Fotografías abril do 2012)

"Dende o Cebreiro,  o río Lor baixa namorando os ceos da montaña"...dí Eduardo Moreiras no seu libro  "Primaveira no Lor". Nestas fotografías, o río Lor,  aparte de namorar os ceos da montaña,   namoran os ceos dos meus ollos e do meu amigo Julio Taboada Páxaro... (Secundino Lorenzo, autor da www).

 

Río Lor. Couto da Labrada.

O río vai encaixado no canón do Lor . Espectacular...

Río Lor. Couto da Labrada. 

Refuxio de pescadores, en moi boas condicións...pero cun dificil acceso.

Río Lor. Couto da Labrada.

Primaveira no Lor. Fantástica...

 
Río Lor. Couto da Labrada. 

Baixada o Lor dende o refuxio. Parece un xardín...

Río Lor. Couto da Labrada. 

Alí desemboca este regato. Bonito rincón, para merendar no verán...

Río Lor. Couto da Labrada.

Pasarela no Lor.  Por certo estaba cheo de excrementos de lontras...

 

Río Lor. Couto da Labrada. 

O río Lor  por riba da pasarela.

Río Lor. Couto da Labrada. 

O río Lor  por debaixo da pasarela, entre amieiros...

Río Lor. Couto da Labrada.

Río Lor,  o día estaba de choiva. O río moi baixo para o mes de abril

 

Río Lor. Couto da Labrada. 

Compañeiro de pesca, outro amante do río Lor.

Río Lor. Couto da Labrada. 

O día estaba de choiva, e por veces caían chuzos...

Río Lor. Couto da Labrada.

Do pouco que queda en Galicia en bon estado. 

     
Río Lor. Couto Labrada.

Paisaxes do Lor. Río Lor. .

Río Lor. Couto da Labrada.

Pedra con vida e limpa. Chea de lesmas e caracois. Había escapado un bechoco...

As pedras do leito do Lor  xa poucas se ven non nosos ríos...

Río Lor. Couto da Labrada.

Bosque de galería. Río Lor.

"...cheo de música interior, isa música que aloumiña as entrañas duras da terra e as cobre de fermosura..." . Eduardo Moreiras "primavera no Lor"

Río Lor. Couto Labrada.

Bosque de galería. Río Lor. .

Río Lor. Couto da Labrada.

Esta efémera (Efemera vulgata) xogou con nós no río Lor . O río non estaba pola labor...

Río Lor. Couto da Labrada.

Bosque de galería. Río Lor.  Neste lugar o río pasaba por dous metros de anchura...

Río Lor. Couto Labrada.

Bosque de galería. Río Lor. O río iba moi baixo para abril .

Río Lor. Couto da Labrada.

O lugar é marabilloso e espectacular. Vendo estas cumes enténdese o dito "...aquí síntese ben o pouco que é un home...." Frase de Uxío Novoneira.

Río Lor. Couto da Labrada.

Bosque de galería. Río Lor.

O río Lor é, sin lugar a dúbidas, un dos mellores ríos de Lugo e polo tanto de Galicia, sirvan estas fotografías como mostra dun  lugar  que merece a pena, sexa pescando ou non.

Inda é un río limpo, cousa xa que empeza a ser rara nos ríos galegos.

Pulsando nas fotografías pódense ver a toda pantalla.

As fotografías son de uso libre, poden copiarse e utilizarse, basta citar o autor: Secundino Lorenzo. Ourense. Autor da www.

 

O "Lor-mozo" que é esta parte do río Lor, prende no peito a roseira dun corazón, e durme todas as noites cunha morea de estrelas na mau"...sigue a decir  Eduardo Moreiras no sensacional libro "Primavera no Lor"...

 

Volvín o río Lor o día 12 de xuño de 2012 e xa era outra cousa, polo menos levaba auga. Estas son algunhas fotografías:

Baixando o refuxio. Vese a ponte colgante e o río Lor encaixado no canón. Este é o refuxio. O camiño ten un desnivel moi grande e os coches baixan ben,  o caso é subir logo. Ten catro curvas de 360º e moito desnivel.

Baixando o refuxio. Observar a curva... Bosque de ribeira incrible. Hai de todo dende amieiros, castaños, etc. Por detrás pinos... O río Lor na zona, con bastante máis auga.

Río Lor marabilloso. Iba no seu punto. Dende logo levaba máis auga que en abril. Pozo. Nese lugar estreito hai polo menos catro metros de profundidade.

 

Volvín o río Lor pero esta vez por riba da Labrada, o couto polo medio máis ou menos, na chamada "ruta do ouro e o ferro" que vai polo lugar, dende Salceda. Foi o día 19 de xuño. O río seguía un pouco alto e dende logo ese día parecía que non había troitas no río. O río marabilloso como sempre...

No río hai  moitas pedras con oxido de ferro, sobre todo mármol. Incrible o colorido que da o fondo do río. Nunca me fixara no tema.... Ver esta pedra marabillosa que saquei mismo da beira  do río, parece pintada... A vexetación de ribeira única, con exemplares de amieiros de moitos anos. Abondan os freixos, amieiros, pradairos, laureis, espiños, etc. Moito fento real...

Todo un detalle de Medio Ambiente o que era unha baixada en escaleira vertical, eu cheguei a baixala fai anos, agora  convirtiuse nunha escaleira normal para salvar ese tramo de río, insalvable salvo a nado.... Unha vez baixada a escaleira esta é a parte de río que se ve. Unha pasada.

O río Lor é espectacular en calquera tramo.

Claro que no 2012  non ten moita troita.

Un pouco máis arriba e por baixo da ferreiría que por certo está desfeita.

Río Lor enfrente a ferrería. Neste lugar pola marxen esquerda está en parede. Incrible. O río en algúns lugares levaba moito tiro para este mes. Iba un pouco alto. Outra vista do río Lor.
Pasarela un poco máis arriba. ?Pesquei un km. por riba da pasarela pero non cheguei a un lugar que se pasa soio con alambres, xa que é de pedra e cortado a pico, por onde se pasa. O final do couto inda quedaban 3 kms. polo menos. Pasarela. por certo debe haber moita londra no río Lor,  xa que a pasarela estaba chea de excrementos de londra.... De volta, Barxa de Lor, na Labrada.

As troitas do Lor, cada vez menos, deben saber latín... onte non levei ningunha a cesta.

Ir a parte I (fotografías abril do 2003)

                                            salir.jpg (922 bytes) Volver