Vipera latastei. Víbora fociñuda.  (Víbora hocicuda )

Ver  características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.  

É unha víbora pouco abondosa en Galicia. Pódese atopar  entre os toxos, entre o matorral pero preferentemente en zonas de montaña relativamente secas e pedregosas da provincia de Ourense.

Distínguese doutras,  xa que a pupila non é redonda, é vertical. O corpo é máis ben pequeno (60 a 70 cms.) e groso. É típico o fuciño, a cabeza triangular e o zigzag romboidal.

En Galicia hai dous tipos de víbora:  a Vipera seoanei que non ten fuciño,  e a latastei, que é a da fotografía, que ten fuciño.

Son moi perigrosas.  Esta máis ainda que a seoanei.  Por sorte pos pescadores, non están mismo a beira dos ríos. Inda que non é descartable o 100%.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Víbora latastei. Características.

Nome científico Nome galego Nome castelán
Dimensións Identificación Alimentación
Habitat Reproducción Protección
Distribución en Galicia Peligrosidade Recomendaciones si morde.
Aparato do veleno. A linguaxe do corpo Ameazas en Galicia
Curiosidades Links interesantes Bibliografía usada

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

               

 

 

 

 

 

CARACTERÍSTICAS.

Nome científico

NOME CIENTÍFICO:  

Foto Jan Van Der Voort.

Vipera latastei. ( Boscá 1878)

Taxonomía:

Reino: Animalia

Clase: Reptilia.

Orden: Squamata.

Suborden: Serpentes

Familia: Viperidae.

Género: Vipera.

Especie: Vípera latastei.

 

Nota: o nome de Latastei foi un lapsus calami, osea un error de pluma xa que Boscá puxo latastei en lugar de latasti, o cabo dun ano fixo a correción pero non foi aceptada unánimemente. (Texto sacado do libro de  Silvio Bruno e Stefano Maugeri "Guia de las serpientes de Europa")

 

 

Volver a características

 

 

 

 

Nome galego

NOME GALEGO:

 

Víbora fociñuda. (Víbora cornuda)

Fotografía sensacional de Celestino Gelpi.

Observar o fuciño, a pupila rasgada e o dibuxo típico, non hai dúbidas. Tamén a mancha negra detrás do ollo é típico.

Foto Jan Van Der Voort.

 

Volver a características

 

 

 

 

Nome castelán

NOME CASTELÁN:

 

 

Víbora hocicuda.

Foto Jan Van Der Voort.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

Dimensións

DIMENSIÓNS:

 

Rara vez pasa dos 60 cms, trátase polo tanto dunha cobra pequena.

É tamén moi visible o dibuxo do lombo en zig-zag.

A cabeza é triangular, repito con pupila rasgada en vertical e un fuciño típico.

Lateralmente tamén ten manchas redondas oscuras.

Parécese a Vibora Seoanei, pero está ten un fuciño revirado como un pequeno corno que apunta hacia arriba.

A cor de fondo é area (pode adaptar outras cores, según as zonas, o fondo grisaceo parduzco é o máis normal) e ten un rosario de manchas marróns grandes e ben definidas percorrendo todo o lombo.

Esta é a forma do lombo según o libro "Anfibios e réptiles de Galicia" de Pedro Galán e Gustavo Fernández.

A femia normalmente é maior que o macho. A lonxitude da cola dos machos é maior debido a presencia de hemipenes situados na cola do macho. Esto deu lugar a que en algúns lugares se distinga unhas de outras e danlle distintos nomes, así en castelán "setón" o macho e "víbora" a femia.

 

Volver a características

 

 

 

 

Identificación:

IDENTIFICACIÓN:

 

O fuciño e a pupila vertical son definitivas. Tamén a cola que termina bruscamente é outra diferencia. O zig-zag e tamén típico.

A identificación tamén se pode facer en base as escamas, pero penso que ese tema é para especialistas. O interesados poden velo perfectamente no libro citado na bibliografía de Moisés Asensi.

En Galicia hai dous tipos de víboras a  Latastei e a Seoanei, non son dificiles de diferenciar si se deixan observar sin perigro:

A distinción entre a Víbora seoanei e a fociñuda penso que é clara. Víbora fuciñuda ou Víbora Latastei. Observar o fuciño, que non ten a Víbora Seoanei.

 

Volver a características

 

 

 

 

Alimentación:

ALIMENTACIÓN:

 

Na fotografía de Xavier Parellada vese un macho de víbora fuciñuda devorando un ratón.

A alimentación consiste en todo tipo de micromamíferos (ratos, etc.). Tamén anfibios e ocasionalmente paxaros. Non desdeñan os artrópodos, entre outros.

 

Volver a características

 

 

 

 

Habitats:

HABITAT:

 

Prefire os lugares enxoitos e de pedreira, con mato baixo e aberto, uces, etc, nas solainas. Xeralmente refúxiase debaixo das pedras.

Gústalle moito, é normal, os terreos orientados o sur.

Tamén pode atoparse en terrenos de ambiente montano no bosque caducifolio con dominancia de carballos.

Según o libro "Guía de las serpientes de Europa", esta víbora dice que no verán descansa a veces nas augas baixas dos regatos (o tema preocúpame e gustaríame que alguén me dixera algo sobre este extremo). Pola miña banda, a  verdade que non teño vista a víbora fuciñuda nestos regatos, pero así queda dito.

Dice tamén que frecuenta os matorrais onde sube ata 2 metros.

A temperatura óptima é 28 grados.

 

Volver a características

 

 

 

 

Reproducción:

REPRODUCCIÓN:

 

Fotografía sacada del libro "Guia de las serpientes de Europa" Silvio Bruno y otro.

O período de acoplamentos comenza en marzo e remata a mediados de maio. A actividade é moi intensa principalmente en abril.

Entre finais de agosto e mediados de octubro os machos teñen unha segunda actividade sexual.

Na fotografía dúas víboras fuciñudas apareandose.

A víbora fuciñuda é ovovivípera, ou sexa, os embrións desenrolanse integramente no interior da femia e as crías nacen xa formadas.

As femias reprodúcense cada dous ou tres anos.

As crías entre 4 - 8 nacen a finais de agosto e miden 16-18 cm. O número de crías depende do tamaño da nai.

Na fotografía de Xavier Parellada vese a cópula dunha víbora fuciñuda. A femia é moito máis grande que o macho.

Os adultos mudan duas veces o ano os machos na primeira mitade de xuño e as femias a principios de agosto.

 

Volver a características

 

 

 

Protección:

PROTECCIÓN:

 

Esta víbora está dentro da fauna protexida, xa que están disminuindo claramente a especie.

 A revista Quercus do mes de febreiro do 2004 trae un artigo que firman Xavier Santos, Juna M. Plequezuelos, José Carlos Brito, Soumia Fahd, Gustavo A. Llorente e Xavier Parellada onde analizan polo miudo esta cóbrega en España. Neste artigo apuntan que a especie está sufrindo moitas baixas nos últimos 20 anos.

En Galicia non é moi abondosa, pero si existe. O parecer e moi citada en Ourense e no sur de Lugo.

As causas da súa desaparición son as de sempre: silvicultura intensiva, destrucción do seu habitat, incendios forestais, construcción de infraestructuras, desenrolo urbano, atropellos, persecución, superticións en Portugal con esta especie e un longo etc.

Na revista Quercus de maio do 2005 confirma que esta cóbrega está a ter unha vulnerabilidade moi alta.

 

Volver a características

 

 

 

 

Distribución en Galicia:

DISTRIBUCIÓN EN GALICIA:

 

Dende logo é moi rara, atópase no cadrante suroriental ( Xurés , Invernadeiro e Lubián ) .

Esta fotografía está feita por Jan Van Der Voort  na Serra Peneda-Gerés de Portugal e o sur de Ourense. É  francamente boa.

 Parece restrixida ás serras de Galicia máis seca, onde se ten observado ata os 1.300 metros nas montañas de Ourense.

Esta fotografía está feita por Jan Van Der Voort  na Serra Peneda-Gerés de Portugal e o sur de Ourense. Son francamente boas.

Atópase tamén na Gudiña en zonas de chairas con herbas e xestas, a unha altitude entre 800 e 1000 metros.

 

Volver a características

 

 

 

 

Peligrosidade :

PELIGROSIDADE:

 

As víboras son animais fuxidíos, e decir si non se lles molesta escapan, esto hai que telo moi en conta.

O seu caracter dende logo é tímido e fuxidío. É diurna e hiberna nos meses fríos.

De tódolos xeitos hai que ter cuidado xa que a súa mordedura é bastante velenosa , pero raras veces mortal.

Esta é unha víbora, pero non é a hocicuda. Fotografía de Carlos Sanz. A picada son como agullas. Ver as glándulas do veneno.

A súa picadura pode producir a morte dependendo de onde pique e tamén das precaucións que se tomén. Das víboras galegas é a que ten o veneno máis potente. Ollo os nenos, vellos e persoas enfermas xa que teñen máis risco.

Ollo sempre acudir a residencia que é onde poden ter o antídoto.

O mellor é tranquilizarse e acudir o centro de saude máis próximo, si pode ser sabendo de que víbora se trata ( ollo o collela inda que esté morta os movementos reflexos poden facer que incluso morta, meta o veneno, cuidado. Hoxe a xente xa fala de non matala, de tratar de recoñecer si é víbora o non, eu penso que é o mellor). De tódolos xeitos  non é dificil saber si mordeu unha víbora ou non , xa que a parte dos dentes normais aparecen na cabeceira dous orificios máis grandes que son o do veneno.

 Hai que pensar que moitas veces recíbese unha mordedura dunha cobra que resulta que non é unha víbora. Neste caso non hai ningún tipo de peligro, refírome a Natrix natrix ou a Natrix maura.

Hai varios libros sobre o tema das picaduras recomendo "Vivir e sobrevir na natureza" de Y. Coineau e L.P. Knoeffler que ten varias follas explicando as precaucións que se deben tomar e o que se debe facer para  evitar estos accidentes.

En xeral recomendase:

 

 

Qué facer si morde unha víbora:

 

1.- Identificar si é posible a cóbrega.

2.- Constatar a mordedura, tal como aparece o dibuxo, tamén pola dor.

3.- Non cortar nin succionar a mordedura xa que deste xeito vaise aumentar a lesión local e o risco de infección.

4.- Colocar unha vendaxe sobre a zona ou un torniquete floxo entre a mordedura e a raíz do membro mordido (debe permitir o paso dun dedo por debaixo da venda)

5.-Si é nun brazo a mordedura,  inmovilizalo con un cabestrillo con un pañuelo á altura do peito.

6.- Tranquilizar o accidentado.

7.- Aliviar a dor con aspirina ou paracetamol.

8.- Non dar o afectado nunca alcohol ou hipnóticos e tampouco por xelo na mordedura.

9.- Evacuar á víctima o máis pronto posible e acudir a unha residencia ou centro médico.

 

É importante saber que a morte é moi improbable sempre que se acuda dentro das 48 horas dende a mordedura. Os datos estadísticos son contundentes entre 2000 persoas mordidas por víboras falecen entre 3 a 5 , por suposto moitas menos que as que morren por mordedura de avíspa ou abellas, e por suposto moitas menos que as que morren por accidente de tráfico.

Fonte Revista Biológica. Agosto 2001.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

Tipo de aparato velenoso:

TIPO DE APARATO VELENOSO:

As cobras presentan distintos tipos de aparatos velenosos, así poden ser opistoglifos, proteroglifos e solenoglifos.

As víboras son solenoglifos: aparato velenoso máis eficaz e sofisticado, xa que posee colmillos superiores que se abaten e inyectan de modo fulgurante e con gran cantidade de veleno.

Dibuxos copiados da revista Biológica do mes de agosto do 2001.

Autor Arturo Vallador

Este é o sistema das víboras que hai en Galicia, o sistema chámase Solenoglifo o morder clava os dous dentes da parte de adiante que actuan rápidamente para meter o veleno no corpo da víctima.

Estos quedan marcados perfectamente , ver a perna dereita, onde aparte da dentadura normal aparecen na parte de arriba estos dentes.

De tódolos xeitos, xa está dito, a súa peligrosidade depende de moitos factores, xa que incluso pode morder e non ter veleno.

Esta é outra forma, que non teñen as víboras. Deste xeito é moito máis dificil meter o veleno, xa que o dente está moi para atrás.

Chámase Opistoglifo.

Resulta ser inofensiva para o home.

Esta é outra forma, que non teñen as víboras. Por exemplo si a ten a culebra bastarda eque non se atopa a beira dos ríos galegos por regra xeral.

 Deste xeito é moito máis dificil meter o veleno, xa que o dente está moi para atrás.

Chámase proteroglifo.

Resulta ser inofensiva para o home.

 

 

 

Volver a características

 

 

 

 

A linguaxe do corpo das víboras:

A LINGUAXE DO CORPO DAS VÍBORAS:

 

O dibuxo e a idea están sacadas do libro "Guía de las serpientes de Europa" de Silvio Bruno e Stefano Maugeri.

En principio a identificación das víboras, en Galicia, básase no tamaño, a forma, realmente son gordas en todo o corpo, casi sin sin cola, e sobre todo a pupila vertical. Deixamos aparte a cabeza que é triangular.

Tamén sabemos que moitas cóbregas imitan as víboras, polo que non é doada a identificación.

Os autores efectivamente dicen que para unha persona profana non é doado facer a identificación rápidamente. 

Pode ser moi útil ter en conta a linguaxe do corpo.

Efectivamente no dibuxo maravilloso anterior atópasen na parte esquerda os colúbridos, para entendernos as cobras que non son víboras, como a Natrix natrix, Natrix maura e outras que se atopan nos montes. A súa cabeza en relación o corpo disponse de forma bastante típica, así por riba do corpo , pegada o chan.

 

Fotografía sacada del libro "Guia de las serpientes de Europa" Silvio Bruno y otro.

Nos vipéridos a cabeza está sempre en posición defensiva disposta a atacar, sempre por riba do corpo. Ver as fotografías.

Creo que os dibuxos tamén están moi claros.

 

Volver a características

 

 

 

 

Ameazas sobre a súa población:

Ameazas sobre a súa población:

Sin dúbidas é o ofidio máis escaso de toda Galicia. Está relegado as montañas de Ourense e as fronteiras con Zamora e Portugal.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

Curiosidades:

CURIOSIDADES:

 

Esta cobra está moi ameazada en Portugal, na zona norte, xa que é considerada como un amuleto, tamén na zona da raia. (En Lisboa o precio desta víbora chegou a alcanzar os 125 €, curioso).

Estas cobras son descabezadas e logo a cabeza métese nun frasco con alcohol para a venta. Toda unha barbaridade. A creenza de ter unha víbora fuciñuda na casa non deixa de ser unha salvaxada.

Aquí vese un anuncio na prensa portuguesa, precisamente desta víbora. O anuncio está sacado da revista Quercus do mes de febreiro do 2004.

Faixe tamén augardente coa cabeza desta cóbrega. Outra barbaridade.

Por suposto este negocio, ademais de ser unha tolería, é totalmente ilegal tendo en conta o convenio de Berna. De tódolos xeitos están a comercializarse entre 50 e 100 víboras por ano.

Moita incultura existe...

-------------------------------------------------

Outra curiosidade é tratar de distinguir as víboras pola marca que deixan o desplazarse na area:

Esta é a víbora.

Esta é unha culebra normal: una Natrix ou outras.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

Links interesantes:

LINKS INTERESANTES:

Outra sobre cóbregas:

Sociedade Herpatológica Valenciana.

Sobre serpentes europeas:

Serpientes de Europa.

Moi boas fotografías desta víbora:

Fotos no Parque Peneda-Geres.

 

 

Volver a características

 

 

 

Bibliografía usada na ficha:

Bibliografía usada na ficha:

Fontes: "Esos anfibios e réptiles gallegos". Jose Curt y Pedro Galán. Tamén utilizo o libro "Atlas de vertebrados de Galicia", o tomo I,  feito pola Sociedade Galega de Historia natural en 1995, un gran libro sin dúbida.

Por último tamén utilizo o libro "Guía de las serpientes de Europa" de Silvio Bruno y Stefano Maugeri, así como datos sacados da revista Quercus do mes de febreiro do 2004.

No 2006 tamén consultei o libro "Guía dos anfibios e réptiles de Galicia" de Moisés Asensi Cabirta e que publica Baia Edicións  en maio do 2006.

 

Volver a características

flecha.jpg (1049 bytes) Subir