Vipera seoanei. Víbora de Seoane. (Víbora)  

Ver características.

O

É unha víbora abundante en Galicia, excepto na zona máis seca e calurosa do Sur e suroeste de Ourense. Pódese atopar en calquera medio: entre os toxos, entre o matorral cunha elevada humedade , nós prados, etc.

Distínguese doutras cobras xa que a pupila non é redonda, é vertical. O corpo é máis ben pequeno e groso, con pouca cola é gorda. Tamén é pequena. A súa posición típica é a da fotografía, sempre coa cabeza por riba e disposta a defenderse.

En Galicia hai dous tipos de víboras: a Vipera seoanei (da fotografía) e a Vipera latastei que é fuciñuda. Son perigrosas, sobre todo a latastei. Por sorte non están mismo a beira dos ríos.

.salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Características da víbora de Seoane

Nome científico Nome galego Nome castelán
Identificación O ollo das víboras Dimensións e tipos
Alimentación Forma de caza Habitat
Distribución España Reproducción Interés
Protección Singularidades Distribución Galicia
Peligrosidade Tipo de veneno A linguaxe do corpo
Que facer si morde Links varios Bibliografía

  .salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

CARACTERÍSTICAS BÁSICAS

Nome científico

NOME CIENTÍFICO:

 

Na fotografía unha  víbora de Seoane macho. 

Vipera seoanei. ( Lataste, 1879)

Taxonomía:

Reino: Animalia

Clase: Reptilia.

Orden: Squamata.

Suborden: Serpentes

Familia: Viperidae.

Género: Vipera.

Especie: Vípera seoanei.

 

O nome de Seoanei débese a que foi dedicada ó naturalista portugués V.L. Seoane.

 

Volver a características.

 

 

 

 

Nome galego

NOME GALEGO:

 

Víbora de seoane. Cobra víbora.

 

Fotografía sacada por Jan Van Der Voort na Serra Peneda- Gerés Portugal, sur de Ourense.

En Portugal chámanlle cobra negra, polo menos a esta variedade da fotografía.

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

Nome castelán

NOME CASTELÁN:

Víbora . Víbora ibérica.

A súa librea pode cambiar moito. Dependo da variedade. Pode ser a típica, normalmente en Galicia.

Variedade típica, normalmente en Galicia.

Variedade negra, Xurés, norte de Portugal:

 

Variedade bileneata, noutros lugares.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

Dimensións

DIMENSIÓNS E TIPOS:

Rara vez pasa dos 60 cms, trátase polo tanto dunha cobra pequena.

É tamén moi visible o deseño dorsal bilineal ( femias) : dúas bandas claras (crema) paralelas abeiran unha banda central marrón con manchiñas negras na beira. As manchas negras da cabeza teñen forma de V invertida, contribuindo a darlle un aspecto triangular.

Pero ollo que, os deseños desta víbora son varios, pode ser incluso lisa.

Observar que as escamas por riba da cabeza son moitas e numerosas. Non así na Natrix natrix e Natrix maura que ten escamas máis grandes.

Fotografía Jan Dan Der Voort. Sacada en Peneda-Gerés.

Ver o dibuxos (copiado do libro Anfibios e réptiles de Galicia de Pedro Galán e Gustavo Fernández).

Hai outra variedade máis oscura nas zonas de montaña que é a vibora seoanei cantabrica, que ten outro aspecto, xa que ten un rosario de manchas negras en zigzag polo medio do dorso, pouco definidas, sobre fondo cincento nos machos e marróns nas femias. O melanismo total é frecuente.

Vipera Seoanei cantabrica. Fotografia de Pedro S.

Esta é a Vipera seoanei Cantábrica.

Ver outra imaxen:

Esta é a Vípera seoanei. Variedade máis oscura.

O importante para distinguila é a pupila vertical, cabeza triangular, fuciño redondo, na cabeza ten dúas figuriñas como uves, tamén a partir do ollo ten unha mancha negra,  é corta, bastante corta, 50 -60 cms. e apenas sin cola.

Fotografía Jan Dan Der Voort. Sacada en Peneda-Gerés.

Vense moi ben a pupila vertical e as numerosas placas que ten por riba na cabeza.

Fotografía Jan Dan Der Voort. Sacada en Peneda-Gerés.

Esta é a variedade negra.

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

Ollo coas pupilas, é a forma de distinguilas:

AS PUPILAS DAS VÍBORAS: OLLO CON ELAS.

As cobras normais teñen as pupilas redondas. Esta nunca é unha víbora.

Ve-la pupila vertical.

 

As víboras teñen todas as pupilas verticais.

 

 

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

Identificación:

IDENTIFICACIÓN DAS VÍBORAS:

A pupila vertical e que non teña fuciño (neste caso seria a Vipera latastei) son definitivas.

Pupila vertical.

De  todolos xeitos non é doado identificar as víboras a primeira. Outras cobras adoptan como defensa a forma triangular da cabeza e dende logo os dibuxos do corpo.

Hai sin embargo cousas que marcan moito as víboras como o tamaño, xeralmente non pasa de 60 cms. Teñen ademais o corpo moi gordo e case non teñen cola, ou sexa o corpo remata bruscamente con pouca cola.

A súa posición sempre coa cabeza por riba do corpo que se explica máis abaixo, tamén é característica.

A distinción entre a Víbora seoanei e a fociñuda penso que é clara. Víbora fuciñuda ou Víbora latastei. Observar o fuciño, que non ten a Víbora seoanei.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

ALIMENTACIÓN:

Todo tipo de micromamíferos (roedores, lagartos e lagartas). Tamén anfibios e ocasionalmente paxaros.

Estos son aproximadamente os datos:

 

Nun 67% aliméntanse de roedores, un 15% de lagartos e lagartas, un 9% de anfibios, e outro 9% de aves.

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

Forma de caza:

FORMA DE CAZA:

 

As víboras fanno todas igual, atacan a víctima, péganlle un mordizco de medo, e logo, tranquilas, siguen a víctima e atópana xeralmente morta. A papar... Sempre empezando pola cabeza. Tragan integramente a víctima.

A súa actividade é diurna. A temperatura que máis lle gusta ronda os 30º.

A súa actividade vai dende febreiro ata novembro, según o clima do ano.

 

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

Habitats:

HÁBITAT:

Fotografía Enrique Vélez. Víbora de Seoane.

Está moi adaptada a todo.

Depende moito menos das rochas que o outro tipo de víbora.

Vive preferentemente nas lindes e claros de fragas e carballeiras, mato atlántico, lindes de prados, matos, prados e brañas. Ten certa preferencia polo terreno pedrento, aínda que non é moi lapícola. Gústanlle moitos os terrenos de matorral baixo, toxos, brezos, etc. Tamén zonas de fentos, muros de pedra seca, apilamentos de leña, etc. 

Moitas veces inspeciona galerias de micromamíferos.

O normal é que se atopen debaixo das pedras, en covas naturais e tamén baixo raiceiras de árbores.

No inverno, fano moitas veces en grupos de ata 15 exemplares,  en covas de outros mamíferos abandonadas.

Descoñecía este dato:

Parece ser frecuente en áreas de humidade elevada, e incluso (o parecer pódese atopar dentro da auga, na páxina 464 do traballo xa indicado faise referencia a que atoparon un adulto mergullado nunha braña no Monte Xalo - Na Coruña). Dende logo que eu sepa non se atopan nos ríos e non deixa de ser un dato sorprendente e fora do normal, pero ver a nota seguinte.

Nota1:  Moisés Asensi no libro "Guía dos anfibios e réptiles de Galicia" dice que o seu habitat prefere zonas moi húmidas, podendo verse incluso dentro da auga.

Queda dito.

Nota2: Pola miña banda, cincuenta anos o pe dos ríos galegos, nunca vín unha víbora a beira da auga e moito menos na auga, pero por suposto pode ocurrir sobre todo onde se den as condicións de monte e río xuntas, non vou decir que non.

Para rematar, según Galán (1988): entre 105 observacións de víboras (Vipera latastei) en Galicia, 38% foi en matorral de uces (Erica) e toxos (ulex), 18% en matos de transición entre fincas,  13% en prados e cultivos,  10% en areas rupículas (en áreas de rocas), 5% de bosques caducifolios,  3% áreas rocases e arenais costeiros.  Penso que queda claro.

 

Volver a características.

 

 

 

 

Distribución:

DISTRIBUCIÓN EN ESPAÑA:

Variedade bilineata típica de outros lugares fora de Galicia e o norte de Portugal.

Podemos decir que é exclusiva do norte de Península Ibérica:

Atópase en Galicia, Norte de León, Norte de Portugal, Asturias, Cantabria, Pais Vasco e os Pirineos do Oeste.

No mapa vese perfectamente a súa distribución.

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

Reproducción:

REPRODUCCIÓN:

O ciclo de actividade sexual anual escomenza con retraso na montaña, marzo-abril mentras que no litoral é en marzo. 

Especie vivípera, polo tanto as crías nacen dentro da mai; que  pare 3-10 viboriñas por setembro.

Esta cóbrega ten actividade diurna inda que no verán pode traballar de noite.

Os adultos mudan dúas veces o ano a pel.

 

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

Interés:

INTERÉS:

Moito como calquera réptil galego, inda que este é máis abondoso. En Ourense é máis rara. Está claro que os incendios rematan con esta especie e outras, tamén por atropelo e morte directa por parte do home.

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

Protección:

PROTECCIÓN:

Non está catalogada na categoría mundial do UICN.

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

Singularidades e especies similares:

SINGULARIDADES:

Os machos mudan a camisa na primaveira despois do apareamento.

Para mudar a camisa fano dende a cabeza a cola. Ver na Natrix maura como é o proceso, xa que nas víboras é prácticamente igual.

Similares a esta víbora únicamente é a Vipera latasti que se distingue polo fuciño, e tamén a Natrix maura cando se asemella para defenderse:

Vibora fuciñuda. Ten o fuciño puntiagudo. Por suposto o ollo rasgado. Esta víbora é  moi peligrosa. Ollo.

Natrix maura. Pón a cabeza triangular e pode parecer unha víbora. Queda delatada si nos fixamos nos ollos e nas escamas da cabeza que son máis grandes.

 

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

Distribución en Galicia:

DISTRIBUCIÓN EN GALICIA:

Fotografía Enrique Vélez. Víbora de Seoane.

Dende logo é moi frecuente, dispersa por todo o pais. Hai, como xa está apuntado, dúas especies unha normal e outra de montaña.

Chega ata os 1800 metros nos Ancares.

Esta víbora atópase polo tanto en toda Galicia.

É máis abondosa na zona norte e pola costa, e moito menos abondosa en Ourense.

Ver o mapa, na zona sur de Galicia é menos abundante.

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

Peligrosidade :

PELIGROSIDADE DA VÍBORA:

 

A súa picadura pode producir a morte dependendo de onde pique e tamén das precaucións que se tomén.  Peligrosa para vellos e nenos (por suposto). O veleno é menos potente que o da víbora fociñuda.

Fotografía Enrique Vélez. Víbora de Seoane.

A súa trabada debe estar sempre controlada por un médico.

O mellor é tranquilizarse e acudir o centro de saude máis próximo, si pode ser sabendo perfectamente de qué cobra se trata ( ollo o collela inda que esté morta os movementos reflexos poden facer que incluso morta, morda e meta o veneno, cuidado). De tódolos xeitos si non se lle da morte (non fai falla)  non é dificil saber si mordeu unha víbora ou non , xa que a parte dos dentes normais aparecen na cabeceira dous orificios máis grandes que son o do veneno.

Hai que pensar que moitas veces recíbese unha mordedura dunha cobra que resulta que non é unha víbora. Neste caso non hai ningún tipo de peligro, refírome a Natrix natrix ou a Natrix maura.

Hai varios libros sobre o tema das picaduras recomendo "Vivir e sobrevir na natureza" de Y. Coineau e L.P. Knoeffler que ten varias follas explicando as precaucións que se deben tomar e o que se debe facer para  evitar estos accidentes.

En xeral recoméndase:

 

 

¿Qué facer si morde unha víbora?:

 

1.- Identificar si é posible a cóbrega.

2.- Constatar a mordedura, tal como aparece o dibuxo, tamén pola door.

3.- Non cortar nin succionar a mordedura xa que deste xeito vaise aumentar a lesión local e o risco de infección.

4.- Colocar unha vendaxe sobre a zona ou un torniquete floxo entre a mordedura e a raíz do membro mordido (debe permitir o paso dun dedo por debaixo da venda)

5.-Si é nun brazo a mordedura,  inmovilizalo con un cabestrillo con un pañuelo á altura do peito.

6.- Tranquilizar o accidentado.

7.- Aliviar a dor con aspirina ou paracetamol.

8.- Non dar o afectado nunca alcohol ou hipnóticos e tampouco por xelo na mordedura.

9.- Evacuar á víctima o máis pronto posible e acudir a unha residencia ou centro médico.

 

É importante saber que a morte é moi improbable sempre que se acuda dentro das 48 horas dende a mordedura. Os datos estadísticos son contundentes: entre 2000 persoas mordidas por víboras falecen entre 3 a 5 , por suposto moitas menos que as que morren por mordedura de avíspa ou abellas, e por suposto moitas menos que as que morren por accidente de tráfico.

Fonte Revista Biológica. Agosto 2001.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

Tipo de aparato velenoso:

TIPO DE VELENO DAS VÍBORAS:

 

As cobras presentan distintos tipos de aparatos velenosos, así poden ser opistoglifos, proteroglifos e solenoglifos.

As víboras son solenoglifos: aparato velenoso máis eficaz e sofisticado, xa que posee colmillos superiores que se abaten e inyectan de modo fulgurante e con gran cantidade de veleno.

Dibuxos copiados da revista Biológica do mes de agosto do 2001.

Autor Arturo Vallador

.

Con esta forma enténdese perfectamente que estas cobras teñen facilidade para morder.

Este é o sistema das víboras que hai en Galicia, o sistema chámase Solenoglifo o morder clava os dous dentes da parte de adiante que actuan rápidamente para meter o veleno no corpo da víctima.

Estos quedan marcados perfectamente , ver a perna dereita, onde aparte da dentadura normal aparecen na parte de arriba estos dentes.

De tódolos xeitos, xa está dito, a súa peligrosidade depende de moitos factores, xa que incluso pode morder e non ter veleno.

Esta é outra forma, que non teñen as víboras . Deste xeito é moito máis dificil meter o veleno, xa que o dente está moi para atrás.

Chámase Opistoglifo.

Resulta ser inofensiva para o home.

Ver a fotografía.

Esta é outra forma, que non teñen as víboras. Por exemplo si a ten a culebra bastarda e que non se atopa a beira dos ríos galegos por regra xeral.

 Deste xeito é moito máis dificil meter o veleno, xa que o dente está moi para atrás.

Chámase proteroglifo.

Resulta ser inofensiva para o home.

Na fotografía pode comprobarse onde ten o dente mortífero.

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

A linguaxe do corpo das víboras:

A LINGUAXE DO CORPO DAS VÍBORAS:

 

O dibuxo e a idea están sacadas do libro "Guía de las serpientes de Europa" de Silvio Bruno e Stefano Maugeri.

En principio a identificación das víboras, en Galicia, básase no tamaño, a forma, realmente son gordas en todo o corpo, casi son sin cola, e sobre todo a pupila vertical. Deixamos aparte a cabeza que é triangular.

Tamén sabemos que moitas cóbregas imitan as víboras, polo que non é doada a identificación.

Os autores efectivamente dicen que para unha persona profana non é doado facer a identificación rápidamente. 

Pode ser moi útil ter en conta a linguaxe do corpo.

Efectivamente no dibuxo marabilloso anterior atópasen na parte esquerda os colúbridos, para entendernos as cobras que non son víboras, como a Natrix natrix, Natrix maura e outras que se atopan nos montes. A súa cabeza en relación o corpo disponse de forma bastante típica, así por riba do corpo , pegada o chan.

Nos vipéridos a cabeza está sempre en posición defensiva disposta a atacar, sempre por riba do corpo. Ver as fotografías.

Creo que os dibuxos tamén están moi claros.

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

Links interesantes:

LINKS INTERESANTES:

Sobra a víbora:

La víbora de Seoane. Víbora cantábrica. (Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles.)

Tratamento en caso de mordedura dunha víbora.

Outra sobre cóbregas:

Sociedade Herpatológica Valenciana.

Sobre serpentes europeas:

Serpientes de Europa.

Buenas fotografías en este link portugués.

 

 

Volver a características.

 

 

 

Bibliografía da ficha:

Bibliografía da ficha:

Fontes: "Esos anfibios e reptiles gallegos". Jose Curt y Pedro Galán. Tamén utilizo o libro Atlas de vertebrados de Galicia, o tomo I,  feito pola Sociedade Galega de Historia natural en 1995, un gran libro sin dúbida.

Recentemente sae o mercado o libro "Guía dos anfibios e réptiles de Galicia" de Moisés Asensi Cabirta.

Por último tamén utiliza o libro "Guía de las serpientes de Europa" de Silvio Bruno y Stefano Maugeri.

Tamén o "Cuaderno de campo  Viboras y culebras"  de Féliz Rguez. de la Fuente.

Volver a características.

 

 

 

Subir.