Lacerta schreiberi. Lagarto verde galego. (Lagarto verdinegro).   

 

Lacerta schreiberi.

Lagarto verde galego. (Lagarto verdinegro).   

Fotografía do autor da www.

 

É un lagarto bastante grande, sobre 15 cms. A cor é verde herba.

Vive preferentemente nas matogueiras e arbustos, sobre todo silvas, os que trepa perfectamente, dedicándose a caza. Gústanlle os regatos e non vive lonxe deles.

Está presente en toda Galicia.

Características.

.salir.jpg (922 bytes) Saír.                                          

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LAGARTO VERDINEGRO: CARACTERÍSTICAS.

 

 

Lagarto das silvas.

Nome científico Nome galego Nome castelán
Identificación Alimentación Habitat
Reproducción Distribución en Galicia Ameazas
  Fotografías

 Modificada 04/03/2008.

 

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico

Lacerta schreiberi

Classe: REPTILIA

Ordem: SAURIA

Família: LACERTIDAE

Género: Lacerta

Espécie: Lacerta schreiberi

Endemismo ibérico
 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Lagarto das silvas.

Fotografía Pedro Galán

Lagarto verde galego. Lagarto das silvas. Lagarto da auga.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Fotografía Ignacio de la Riva

Lagarto verdinegro

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

Fotografía do autor da www. S. Lorenzo.

É un lagarto bastante grande, sobre 15 cms. Pode chegar a medir ata 35 cm. As dúas terceiras partes é de cola.

 A cor é verde herba.

Este lagarto, de tamaño medio é endémico da nosa península, presenta nos machos unha coloración verde amarela xeral por todo o corpo con pequenas e abondosas moteaduras negras,  mentras que as femias resultan máis parduzcas e con dúas bandas lonxitudinais de grandes manchas oscuras no dorso, ademáis de outras máis reducidas nos costados. 

Observar nesta fotografía (sacada  do fascículo nº 22 da Voz de Galicia dedicada os lagartos e lagartas o macho e a femia. Efectivamente a femia ten as manchas en dúas bandas no dorso.

Macho.

A gorxa é azul nos machos, tiñíndose tamén a cabeza desta cor na época de celo. O ventre é amarelo nas femias e  negro nos machos. A cola chega a ser ata dúas veces máis longa que a  cabeza e corpo xuntos. Os novos son pardoverdosos con manchas blancas ou amarelas orladas de negro nos flancos.

Lagarto arnal. (máis de 20 cms.)

Lagarto das silvas.

Lagarto das silvas. (menos de 15 cms.)

Pódese confundir co lagarto arnal, pero este é moito máis grande, non teñen a cabeza azul. O arnal ademais é ocelado, ou sexa ten manchas no corpo de cor azul cousa que non ten este lagarto. De tódolos xeitos o tamaño é definitivo.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

A súa dieta consiste en formigas, saltamontes, grilos,  escarabellos, larvas de insectos, arañas, etc.

Gusta moito dos ecosistemas ligados os regatos e ríos.

Non é infrecuente que consuma amouras ou outros tipos de froitos en determinadas épocas do ano.

Entre os seus depredadores destacan a culebra bastarda, o azor, a aguia culebreira e a garduña.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Habitats:

Habitat:

Lagarto verde galego.

Habita en zonas montañosas e húmedas, cerca dos regatos con abundante vexetación.

 Desenrola a súa actividade durante o día xa que precisa, como especie helioterma, a calor do sol. Ten especial habilidade para trepar polos árbores, chegando a cazar dende as mismas matogueiras.

Vive preferentemente nas matogueiras e arbustos, sobre todo silvas , os que trepa perfectamente, dedicándose a caza.

Vese con moita frecuencia a beira dos ríos entre a matogueira,  inda que non é acuático.

Na fotografía, sacada da Voz de Galicia, vese o lagarto das silvas facendo frente a unha cóbrega sapeira. Neste caso vese ben as claras quen será o vencedor, pero non sempre ocurre deste xeito.

Si se ve en peligro non duda en trepar as árbores e si fai falta nada nos ríos ou regatos.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reproducción:

Reproducción:

Transcurrido o estado de sopor no que permanece todo o inverno, inicia  o seu  ciclo reproductor a principios da primaveira.

Tras o acoplamento, normalmente vai emparellado a liortas entre machos, que ten lugar entre abril e xuño,  a femia chega a depositar e enterrar de trece a vinteún ovos nunha oquedade excavada por ela mesma. Os ovos son moi pequenos entre 11 mm.  a 14 mm.  de longo por 8 mm. de ancho.

 

Na fotografía o macho e a femia.

A incubación dura algo máis de dous meses.

É curioso o intenso apareamento do lagarto das silvas, xa que o macho traba a femia con moita forza.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Distribución en Galicia:

Distribución en Galicia:

Lagarto das silvas.

Está presente en toda Galicia.

O lagarto das silvas pódese considerar perfectamente un tesouro galego.

Observar o mapa de distribución.

Realmente é abondoso en Galicia e Asturias e no norte de Portugal ata Lisboa. En extinción no resto da península.

É un lagarto rápido, áxil e un bon nadador.

A fotografía está sacada en Chandrexa de Queixa (Ourense) a 1.000 metros de altitude, a carón do río Navea en maio do 2005. Comprobei que teñen boa vista para todo tipo de movemento ata 2 metros, son ademáis uns excelentes trepadores e saltadores e dende logo especialistas en tomar o sol.

 

Ir a características

 

 

 

Ameazas da especie:

Ameazas da especie:

Preferentemente o maior problemas destes lagartos son os incendios e os productos fitosanitarios.

 

Categoría mundial de UICN: case ameazada NT.

Bonitas fotografías neste link.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Fotografías deste lagarto:

Esta foi a fotografía.

¿Quen é o fotográfo parece decir?. Pois simplemente eu.

Ir a características

Saír.