Esgonzo. (Eslizón tridáctilo ibérico).
Fotografía de Alberto Ribero S.
Blog "Fauna vertebrada de Ourense"
Parece unha cobra pero realmente é un lagarto que ten as patas moi reducidas e soio con tres dedos. Pode chegar a medir medio metro.
Vese nos lugares húmidos cunha vexetación herbacea e matos. Os ríos non están moi lonxe.
Alimentase de insectos, arañas, lesmas, come tamén miñocas e caracois entre outros.
En Ourense foi atopado preto das areeiras de Sandías; tamén en Monterrei, a carón do Tamega, onde se chama escouparón.
Características do Eslizón tridáctilo.
Nome científico Nome galego Nome castelán Dimensións Identificación Habitats Distribución Galicia Alimentación Reproducción Ameazas
Nome centífico:
Fotografía de Enrique Ruíz. Blog Sekano. org
Chalcides striatus Cuvier, 1829
Taxonomía:
Reino: Animalia
Clase: Sauropsida
Orden: Esquamata
Familia: scincidae
Xénero: Chalcides
Especie: Chalcides striatus
Nome galego:
Fotografía de Alberto Rivero. Blog "Fauna vertebrada de Ourense"
Esgonzo común. Esgonzo. Escancer tridáctilo. Cáncer. Escouparón. Escouparín.
En Portugal chámanlle "cobra de pernas tridáctila".
Nome Castelán:
Fotografía de Enrique Ruíz. Blog Sekano. org
Eslizón tridáctilo ibérico.
Dimensións:
Fotografía de Alberto Rivero. Blog "Fauna vertebrada de Ourense"
Pode medir ata 40 cms. inda que o normal é que no pase de 30 cms.
As patas son moi pequenas e teñen tres dedos.
Identificación:
Fotografía de Alberto Rivero. Blog "Fauna vertebrada de Ourense"
Ata 40 cm de lonxitude total; pero normalmente no sobrepasa os 30 cm. Aspecto como o dunha lagartixa, ten o corpo parecido as culebras, cuberto de pequenas escamas. A cor dorsal vai entre a cor oliva ou bronce con 9 raias oscuras (moi raramente entre 11 ou 13).
Fotografía de Enrique Ruíz. Blog Sekano. org
O seu parecido, en canto a cabeza, coas lagartixas é bastante grande.
Fotografía de Alberto Rivero. Blog "Fauna vertebrada de Ourense"
Nesta fotografía de Alberto Rivero vense mellor as raias oscuras
Non é polo tanto un ofidio sinón que se trata dun saurio . Lóxicamente confúndese de forma fácil coas serpentes ou cóbregas.
Habitat:
Fotografía de Enrique Ruíz. Blog Sekano. org
Especie termófila, habita áreas de mato mesto e baixo e pradeiras de herba mesta e curta. sempre gustando de lugares enxoitos. Non está polo tanto moi lonxe dos ríos.
O lugar faino dificil de localizar, e máis se engadimo-la rapidez da súa fuxida, liscando zigzagueante entre a vexetación.
Tamén coloniza áreas degradadas polos incendios.
Está activo polo día a pleno sol.
Alimentación do esgonzo:
Fotografía de Alberto Rivero. Blog "Fauna vertebrada de Ourense"
A súa alimentación é a base de insectos, arácnidos, pequenos gasterópodos e miñocas.
Reproducción:
Fotografía de Alberto Rivero. Blog "Fauna vertebrada de Ourense"
A súa actividade corresponde os meses de marzo a outubro.
É ovovivípera, as crías nacen ben desenvolvidas, hacia finais do verán, en partos de 3 a 15 crías, e miden entre 8 e 11 cm. sendo prácticamente iguais os pais.
Os apareamentos son entre abril e maio e as veces tras unhas grandes liortas entre os machos.
Ameazas:
Fotografía de Alberto Rivero. Blog "Fauna vertebrada de Ourense"
A queima de restroballos, así como a persecución humana o confundilos con cobras son as principais ameazas.
Non catalogada na UICN (Unión nternacional para a consevación da natureza e recursos naturais
En Galicia :
Fotografía de Alberto Rivero. Blog "Fauna vertebrada de Ourense"
Atópase en toda Galicia. Por suposto é máis abundante en lugares cálidos e abrigados, por exemplo en Ourense nas zonas da Limia e de Monterrei. Tamén se atopa en lugares costeiros, mais abundante nos pontevedreses, pero atopouse na Coruña e tamén en Lugo.
Está presente en moitas illas como as Cies, Tambo, Ons, Toralla, Arousa, Cortegada, Sálvora e Sisargas.
Nas serras escasea pero tense visto a 1550 m. en Trevinca.