Fotografía de Pedro Galán.
O
En galicia hai sete tipos de lagartas vivindo. Esta é a máis coñecida.
Aparece en toda Galicia. Vive en case tódolos medios inda que o que máis lle gusta son os muros orientados o sur.
Come todo tipo de insectos e arácnidos.
Xeralmente a femia ten outra cor tirando a marrón.
As lagartas galegas: características e tipos.
![]()
| Nomes científico. galego e castelán: |
Podarcis bocagei. Taxonomía: Reino: Animalia Clase: Reptiles Orden: Esquamata Familia: Lacerditae Xénero: Podarcis Especie: Podarcis bocagei
|
|
Lagarta galega
|
|
|
Lagartija de Bocage.
|
|
| Dimensións: |
A largatixa galega mide sobre 20 cms. é bastante grande.
|
| Identificación: |
De tamaño mediano mide entre 40 a 70 mm, a cola é 2 veces o corpo. A femia é máis pequena.
Cabeza alta, fuciño redondeado. O deseño do corpo é moi variable pero son típicas as liñas verdosas e amarelas, bordeadas por outras negras. Na fotografía vese perfectamente. Hai outras moi parecidas. Non ten ocelos azuis nas axilas.
As femias son máis pequenas, a cor verde tórnase a marrón.
|
| Habitat: |
Común en toda Galicia ata os 1800 metros. está en moitos lugares como zonas abertas dos bosques, zonas degradadas, areais, cantís e muros. É unha das máis abondosas en Galicia.
|
| Reproducción: |
Realiza tres postas anuais, entre 2 a 9 ovos. Os ovos son de cor blanca e moi alongados. Sobre 20 cms. Nacen despois de 49 días. Reprodución en primaveira.
|
| Alimentación: |
Arácnidos e insectos, tamén coleópteros, dípteros, formigas, etc.
|
Outros tipos de lagartas presentes en Galicia.
|
Podarcis bocaguei.
Podarcis bocaguei.
Podarcis bocagei. Fotografía do autor da www. sacada en Chandrexa de Queixa.
|
|
Lagarta dos penedos
A fotografía é de Pedro Galán. Podarcis hispanica. Lagarta dos penedos. Moi abondosa. Non é facil distinguir esta lagarta da lagarta galega. De tódolos xeitos a galega é máis aplanada e ten as cores verdes máis intensas no dorso.
Podarcis hispanica. Macho. Outra fotografía.
|
| .. |
|
Lagarta rabuda
Psammodromus algirus. Lagarta rabuda. Fotografía de Pedro Galán. Psammodromus algirus. Lagarta rabuda.
Fotografía da Voz de Galicia. Esta tamén é común. E facil de distinguir polas duas lineas blancas paralelas que ten no dorso. Mide sobre 7,5 cms. Esta falta no norte de Galicia. Non é abundante.
|
| .. |
|
Lagarta cinsenta
Psammodromus hispanicus. Lagarta cinsenta. En castelán lagartija cenicienta. É de tamaño pequeno, entre 4,5 e 5 cms. É moi similar a lagarta anterior. É moi corredora e en Galicia únicamente ocupa zonas de clara influencia mediterranea, como o sur de Ourense.
|
| .. |
|
Lagarta vivípera
Fotografía de Pedro Galán.
|
| .. |
|
Lagarta dos muros
Fotografía de Pedro Galán. Podarcis muralis. Lagarta dos muros. En castelán lagartija roquera. En Galicia non abunda, de feito o parecer soio hai unha pequena población en os Nogais (Lugo), inda que pode que exista tamén na fronteira con Asturias. É unha lagarta de tamaño mediano entre 4,5 e 6,5 cms. cunha cola bastante longa. |

Lagarta. Fotografía do meu amigo Félix Valeiras. 2007
![]()