Austrapotamobius pallipes. Caranguexo de río. (Cangrejo de río)
|
|
|
CARANGUEXO DE RÍO: características
![]()
| Nome científico |
Fotografía de Pepo Nieto Santín. Link sobre o cangrexo Austrapotamobius pallipes
Taxonomía: Reino: animalia Clase: Crustaceos Orden: Decápodos Suborden: Astacidae. Xénero: Austrapotamobius Especie: Austrapotamobius pallipes
| ||||
| Nome galego |
Fotografía de Pepo Nieto Santín. Link sobre o cangrexo Caranguexo de río, Cangrexo. Cangrexo de río.
| ||||
| Nome castelán |
Fotografía Josep Escribano Cangrejo de río.
| ||||
| Dimensións |
Entre 10 e 12 cms. pinzas non incluidas.
Fotografía sacada deste link.
| ||||
| Identificación: |
Dibuxo do noso caranguexo. Ver as suturas no caparazón que están claramente separadas.
As pinzas teñen una superficie rugosa e por baixo, ou sexa a base, é branca. Dende logo non é vermello como o americano, que é negro por riba e vermello por baixo.
| ||||
| Alimentación: |
Todo tipo de invertebrados acuáticos e materia vexetal.
| ||||
| Habitats: |
Fotografía de Josef Escribano, da que dice que está no seu medio natural pero non dice onde, por si as moscas... Vive en cursos fluviais de augas limpas e osixenadas, máis ven de augas calizas ou tirando a calizas con suficiente cobertura vexetal e refuxios onde esconderse. O ideal entre 10-15ºC. Esto explicaría o porque o cangrexo era máis abondoso na zona do Barco, A Rua, A Veiga, Alberguería e partes limítrofes con León, onde o terreno tira máis a calcáreo. Os hábitos son crepusculares e nocturnos.
| ||||
| Interés: |
Moitísimo, pero non hai caranguexos deste tipo en Galicia que eu sepa. O interés culinario do caranguexo foi extraordinario, era un manxar exquisito, pero hoxe prácticamente non existe.
| ||||
| Protección: |
Actualmente, esta especie atópase
recollida no "Libro Rojo de Especies Animales Amenazadas de la
IUCN", e catalogada como "Vulnerable", e nós anexos II y IV de la
Directiva de Hábitats e da "Fauna y Flora Silvestres de la Comunidad
Económica Europea". En Galicia: Non está protexido que eu sepa, xa que non existe. Esta especie debera estar prohibida a súa pesca. Está contemplada a pesca do cangrexo vermello americano, que se pode pescar todo o ano nos encoros de Sabón e Cecebre así como nos ríos Sil e Bibei, Pozas da Lagoa de antela, etc.. Tamén noutras charcas e demais Moitas comunidades están a facer investigacións para tratar de recuperar o caranguexo noso, o autóctono, así Castilla - León , Castilla - La Mancha , Andalucía , Valencia, Aragón e Navarra. ¿Galicia? . Que eu sepa non se está a facer nada. En Galicia os ríos están da man do Señor...abandonados. Unha década 1997-2007 onde os ríos foron en picado. Un descoñecemento total e absoluto. Así nos luce o pelo... As perpectivas non son optimistas de cara a recuperación desta especie.
| ||||
| Distribución en Galicia: |
Había caranguexos nos ríos da zona oriental de Ourense: río Salas, río Tamega, no río Sil na zona do Barco, Rio Xares, etc.
Descoñezo actualmente as poblacións deste animais. Dende logo no Salas desapareceo e dudo moito que existan caranguexos en Ourense. No río Limia en Ourense no ano 2000 hai unha auténtica plaga, pero do caranguexo americano.
En lugares insólitos de Ourense, alguén anduvo a botar o caranguexo americano, é incríble. Así por exemplo nunha canteira abandonada de Paderne, preto do pobo do Pazo na estrada de Ourense a Maceda, está cheo deles (ano 1999). Verdade que é raro. Alguén se dedicou a sembrar o caranguexo americano pola provincia. ¡¡¡ En Ourense hai moito "biólogo" solto, que máis lles valdría quedarse na casa, están a estragarnos o pouco que temos en pé...!!!. Intentos en Galicia có Austrapotamobius pallipes
Nota: houbo algún intento en alguns ríos da zona do Barco limitando con Ponferrada de levar arriba, outra vez, o noso cangrexo autóctono. pero non houbo maneira.
Na fotografía do link que cito a continuación vese un cangrexo efectuando a muda do caparazón. Ver este link, que é para chorar. De tódolos xeitos, dende Ourense, doulle as gracias por intentalo.
| ||||
| Distribución en España: |
O cangrexo autóctono en España:
Alonso, F. , Temiño, C. y Diéguez-Uribeondo, J.
O parecer as cousas están desta forma. Mal moi mal
| ||||
| Curiosidades: |
Pasa o inverno escondido en refuxios que o mesmo cangrexo escava e onde as femias incuban os ovos.
Algunhos barbaros (a principios dos anos 70) botaron tamén nestos ríos o caranguexo americano, o Procambarus clarkii , que como outra moitas destas soltas, sin pés nin cabeza, rematou co autóctono, de feito foi introductor dun fungo que se chamou "a peste do cangrexo", o que o americano era resistente pero non o nativo. De feito como se comercializaban vivos fóronse botando nos ríos e hoxe no ano 2.000 é un auténtica plaga.
Este da fotografía é o americano. O caranguexo vermello que foi o transmisor da afanomicosis ( enfermedade producida por un fungo parásito Afanomyces astaci, que actua na masa muscular do caranguexo, de forma que afectan o sistema nervioso de maneira fulminante. A mortandade é do 100%). Os americanos son máis resistentes a esta enfermedade. No ano 1978 os caranguexos desapareceron de prácticamente tódolos ríos de España, quedando únicamente nas cabeceiras dos ríos ( que son os poucos que se conservan hoxe no ano 2000, a peste transmítese río abaixo, lóxicamente). Dende logo onde se botou o americano non hai un autóctono. Unha auténtica desfeita. Este caranguexo é unha auténtica plaga en tódolos los lugares que se botou.
O tema está moi pouco estudiado (o parecer ) en Galicia.
O que si podo decir é que na zona do Salas en Randín rematou totalmente cos autóctonos.
Na fotografía de José Luis Gómez de Francisco vese o cangrexo vermello, o numeriño 1 marca o espolón característico que o diferencia dos outros. 2 marca o caparazón. Unha desfeita. En octubre do 2000 estanse queixando na Limia desta plaga. É incrible as salvaxadas que se fan en Galicia co Medio Ambiente. ---------------------------------------------------------------
Na fotografía vese a femia do noso cangrexo cargada de ovos dos que nacerán posteriormente os pequenos cangrexos. O apareamento fano a finais de agosto e a femia trasporta como se pode ver na fotografía os ovos, que poden chegar a ser sobre 60. Alcanzan a madurede sexual os tres anos de edade.
| ||||
| Outros caranguexos. |
Outros
caranguexos
| ||||
| As causas da desaparición do Cangrexo en Galicia: |
Causas da desaparición do Cangrexo en Galicia.
Dice Pepe Nieto que este cangrexo que é o noso o Austrapotamobius pallipes está asustado, non me estrana...
| ||||
| Inda por riba saben mal... |
| ||||
| Bibliografía: |
Esquema dos autores que figuran abaixo. Esquema dun traballo feito por Javier Galindo, Javier Monzó e Vicente Sancho, publicado pola revista Quercus. Mes de Xulio do 2000. O traballo está referido a comunidade valenciana. Trata de buscar plans de recuperacións do caranguexo autóctono na comunidade valenciana. Tamén utilizo nesta ficha un artículo de Juan Delibes.
Fotografías do traballo de Raquel Arias. Tamén utilizo un artigo de Raquel Arias publicado en Xaneiro do 2002 na revista Biológica. Links: sobre o noso carangueso.
|

As figuras dos tres son as seguintes:
Esquema dun traballo feito por Javier Galindo, Javier Monzó e Vicente Sancho, publicado pola revista Quercus de Xulio do 2000.
O esquema anterior pode completarse cun traballo aparecido na revista Biológica de Xaneiro do 2002 que firma Raquel Arias, con fotografías de José Luis Gómez de Francisco, que aclaran perfectamente as diferencias anteriores:
![]()
Austropotamobius pallipes, autóctono.
O noso cangrexo ten as patas blancas, unhas espículas características, marcado con 1 na figura. As pinzas son máis pequenas e o caparazón é totalmente distinto ( ver o esquema de dibuxo de máis arriba). A cor é marrón, ou negro ou gris verdoso. Repito a parte interior das pinzas é blanco, non vermello como nos dous que siguen.
![]()
Procamburus clarkii, cangrexo vermello.
Penso que as diferencias están claras, o espolón característico marcado có número 1 , as pinzas roxas e por suposto o caparazón dividido en dúas partes (ver o dibuxo de máis arriba). Por outra banda as pinzas son moito maiores e totalmente diferentes. As pinzas son moi espiñosas.
![]()
Pacifastacus leniusculus, cangrexo señal.
Este ten unha mancha branca xunto as pinzas que o distingue perfectamente dos dous anteriores. As pinzas son moitísimos máis grandes que as dos dous anteriores. A cara anterior é lisa e de coor bermello.
O artigo fala de como se pode axudar a que vaian para arriba os nosos cangrexos e fala tamén do futuro esperanzador na Rioxa.
Galicia está a dormir...
![]()