Emys orbicularis. Sapoconcho. (Tartaruga de río.)

 

 

ournat56.jpg (77195 bytes)

Non é doado velas nos ríos,  e cada día menos coa contaminación e as minicentrais. Está en período de extinción en Galicia, si non se acude a tempo desaparecerá para sempre.

Pódese atopar algunha en Ourense no Arenal de San Cristobo en Ribadavia; tamén no río Arnoia. O parecer tamén se ven no río Lonia e no Barbantiño. Dicen que as viron no baixo Miño, nas Gandaras de Budiño, e no río Lérez.

É un ser mítico, un animal de fábulas e contos; pero é o animal máis ameazado de Galicia.

Ver características.

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARACTERÍSTICAS DO SAPOCONCHO

 

 

Fotografía de A. Cordero. Cabeza de Tartaruga de auga.

Nome científico Nome galego Nome castelán
Identificación Habitat Alimentación
Reproducción Interés Protección
Distribución Galicia Distribución no mundo. Curiosidades.

 

 

 

salir.jpg (922 bytes)                                        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Emys orbicularis  ( Linnaeus 1758)

Nota: o nome de orbicularis fai alusión a forma do caparazón.

Taxonomía:

Reino: Animalia

Clase: Reptiles

Orden: Testudines

Familia: Emydidae

Xénero: Emys

Especie: Emys orbicularis

 

Regresar a Características.

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Sapoconcho, sapocuncho, tartaruga.

Regresar a Características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOME CASTELÁN:

ournat56.jpg (77195 bytes)

Tortuga común. Tortuga de agua. Galápago europeo.

 

Regresar a Características.

 

 

 

 

 

 

 

 

IDENTIFICACIÓN:

Non hai problema para identificar o sapoconcho, únicamente que nonos hai, ese é o tema.

O caparazón é moi escuro e netamente alombado. As placas do mesmo teñen unha ornamentación moi típica consistente en liñas e puntos amarelos moi claros, diverxentes.

O caparazón ten entre 20 a 28 cms. de lonxitude.

Realmente a fotografía anterior vese perfectamente.

Teñen unha cola bastante longa e nas patas teñen membranas interdixitais que tamén se ven no dibuxo.

Fotografía de A. Cordero. Cabeza de Tartaruga de auga.

Os ollos son amarelos.

Nos sapoconchos a parte de abaixo chámase plastrón. Pois ben,  no sapoconcho común o plastrón é amarelento con manchas pardas, tirando a negras. Non ten placas inguinais. Aparte o plastrón é articulado.

Plastrón do sapoconcho común. Observar que non ten placas inguinais (estas placas poden verse na fotografía seguinte que é do sapoconcho riscado).

Si ten placas inguinais que están marcadas na fotografía. Aparte as placas non son articuladas. (A fotografía é de P. Rasmont)

Pódese confundir co sapoconcho riscado:

Pero as diferencias están a vista: o caparazón é moi distinto, non ten as liñas radiais, a cor é máis uniforme. No pescozo o riscado ten tres ou máis liñas lonxitudinais.

Pescozo do sapoconcho riscado. Observar as liñas lonxitudinais.

 

Fotografía de A. Cordero. Cabeza de Tartaruga de auga.

Sapoconcho común. Non ten as liñas lonxitudinais.

Regresar a Características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ALIMENTACIÓN:

Trátase dun carnívoro que captura pequenos peixes, anfibios e as súas larvas, moluscos, crustáceos, vermes e outros invertebrados.

Chega a comer tamén pitos de aves.

Tamén aproveita a prea, corpos mortos en descomposición.

Come polo tanto un pouco de todo.

 

Regresar a Características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

HABITAT:

Tartaruga de auga.

 

Ten hábitos acuáticos, normalmente nas zonas dos ríos onde non hai moita corrente, tense localizado ademáis de en ríos tamén en lagoas costeiras; o seu biotopo está sempre provisto de abondosa vexetación, non alongándose moito da auga, onde busca protección e alimento.

Gústalle tomar o sol pero a mínima escóndese na auga.

Está claro que os encoros e minicentrais rematan de forma cruel co sapoconcho, que por certo nin se cita cando os minicentraleiros estudian o impacto ambiental da minicentral. Pais bananero...en mediambente.

Regresar a Características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

REPRODUCCIÓN:

Fotografía de A. Cordero. Cabeza de Tartaruga de auga.

Os acoplamentos son moi aparatosos, van precedidos de serias liortas entre os machos. Normalmente por abril. As liortas tratan de voltear o rival, ou sexa,  polo panza arriba e así quedan fora de combate. Logo ven o premio en forma de cópula que inicia o macho golpeando na parte de atrás a femia e escondendo a cabeza. A continuación ven a monta que non sempre é eficaz.  Non ten fácil o macho estar moito tempo por riba da femia. A verdade é que o teñen moi dificil.

A femia pode procrear entre os 15 a 20 anos e os macho entre os 8 e os 10 anos.

O ciclo reproductor non foi estudiado para Galicia. Pódese xeneralizar decindo que a posta, de 4 a 14 ovos de casca dura, realízase no verán, en terra branda, axeitando a femia o lugar apropiado con grande laborosidade. A eclosión   tarda uns 3 meses, aínda que pode ocurrir que o ovo hiberne para eclosionar na primaveira seguinte. Animal moi lonxevo, podría acadar ata 100 anos.

Fotografía sacada deste link.

Medran con lentitude, chegando, en consecuencia a súa madurez ós 8-10 anos os machos e os 15-20 anos as femias.

Regresar a Características.

 

 

 

 

 

 

 

 

INTERÉS:

Incrible. O sapoconcho está en peligro de desaparecer de Galicia. Está dende 1.999 declarado en peligro de extinción.

É o réptil máis ameazado da nosa xeografía, realmente soio se atopa en sitios moi contados.

 

Regresar a Características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROTECCIÓN:

Está estrictamente protexida xa que está en vías de desaparecer.

Ten moitísimos inimigos. Non fai moito estuvo de moda a frase dos nenos de "cómprame unha tortuguita", realmente tórtugas que remataban morrendo ou abandonadas e por suposto casi sempre mal alimentadas, As tortugas en venta casi sempre eran as de Florida que se vendían moi pequeniñas coa falsedade de que comían pouco . As tortugas pásano moi mal xa que queren calor e queren comer, con esas condicións enseguida crecen por riba dos 15 cms. O xoguete cansaba e logo viña o desastre do abandono.

Os nenos que lean este texto que sepan sempre que os animais non son xoguetes que se podan deixar de lado cando un se cansa deles. Para eso é mellor non telos e listo.

Si se teñen hai que coidalos toda a vida, e ollo que as tortugas poden duran 100 anos. Si se aburre un delas hai que levalas a xente ou Institucións que as cuiden, nunca abandonalas, eso é de mal nacidos...

Na fotografía sacada por Sabela, una ex-alumna do que escribe, (ano 2003) a carón do río Barbaña en Ourense, vese perfectamente todo o anterior; o lado de os dous lavancos ou patos reais vese unha pequena tortuga seguramente abandonada (parece a Tortuga de Florida típica).

Tortuga de Florida no seu tamaño normal de adulta.

 

Regresar a Características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DISTRIBUCIÓN EN GALICIA:

Foi atopado en sitios moi concretos da mitade sur, é unha especie moi sensible a contaminación da auga, o que explica que prácticamente non exista en Galicia.

Podríase atopar algunha en Ourense no río Arnoia (cousa que dudo moito). O parecer tamén se ven no río Lonia e no Barbantiño. Tamén no baixo Miño ( tamén o dudo) , nas Gandaras de Budiño, no río Lerez. Quizás no Sil ( ?? ).

Mellor na primavera.

Recentemente  22/09/2006 seica apareceu no arenal de San Cristobo en Ribadavia (están catalogadas de areeiras do río Avia) , trátase polo tanto da terceira comunidade desta especie que seguro hai en Galicia: xunto coas Gandaras de Budiño e no río Arnoia.

O concello de Ribadavia presentará a Consellería de medio Ambiente da Xunta una declaración para tratar de facer "humedal protexido" o de San Cristobo.

¡¡¡ Non hai direito a que desapareza o SAPOCONCHO !!!

No libro "Fauna das augas galegas" de Estanislao de la Cigoña e José Manuel Oujo, trae varias citas de avistamentos desta tartaruga no río Ulla (1983), río Umia 1986-1999), O Cerquido (Tui 1992), no río Bermaña en Caldas de Reis (1995).

De tódolos xeitos, poucos casos, moi poucos...

 

Regresar a Características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DISTRIBUCIÓN NO MUNDO:

O parecer o sapoconcho común pode atoparse no norte de Africa (Tunicia, Marrocos e Alxeria), tamén no suroeste de Asia en Turquía. En Europa nos Balcáns e na Península  está presente en Galicia, na cornisa Cantábrica e nas illas Baleares

 

Regresar a Características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CURIOSIDADES:

Fotografía de A. Cordero. Cabeza de Tartaruga de auga.

Especie polo tanto menos frecuente e de costumes pouco coñecidas en Galicia. Ten un período de hibernación bastante longo. No noso país parece ter unha actividade bimodal, con períodos de intensa actividade en abril - maio e finais do verán.

Gústalle tomar o sol pero ten problemas fora da auga cos ollos; para evitar a súa desecación está continuamente segregando un líquido parecido as lágrimas.

Regresar a Características.

 

Fonte: Esta copiado , o pé da letra, do gran libro "Atlas de vertebrados de Galicia", o tomo I,  feito pola Sociedade Galega de Historia natural en 1995, un gran libro sin dúbida.

Varias  fotografías son de A. Cordero. Un estudioso destas tartarugas en Galicia.

Recentemente aparece o libro "Guia de anfibios e réptiles de Galicia" de Moisés Asensi da editorial Bahía Edicións que sa trae a ficha correspondente.

Salir.