Trachemys scripta elegans.. Sapoconcho de Florida.Tortuga. de Florida
Este sapoconcho non se atopaba en Galicia pero hoxe cada vez atópanse máis. É orixinario de Ameíca Tropical dende EEUU a Brasil.
Foi traída no noso país como mascota. Logo, o que pasa, medra moito, come moito, e veña a desfacerse dela. Hoxe está prohibidas pola U.Europea, pero seguro que inda hai algunha nos fogares.
En calquera caso nunca se debe liberar na natureza, e si se quere un desfacer dela mellor deixarse aconsellar por Medio Ambiente, e no facer barbaridades...
Tartaruga de auga. Sapoconcho riscado: Carácterísticas.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Reproducción | Distribución en Galicia |
| Distribución no mundo | Protección | Curiosidades |
![]()
| Nome científico |
Taxonomía: Reino: Animalia Clase: Reptiles Familia: Trachemys Xénero: scripta Especie: Trachemys scripta
|
| Nome galego |
Sapoconcho de Florida.
|
| Nome castelán |
Tortuga de Florida.
|
| Dimensións: |
Pode medir o seu caparazón ata 30 cms. É polo tanto, cando ten anos, bastante grande.
|
| Identificación: |
Esta fotografía é o sapoconcho de Florida. A Mancha vermella xunto o ollo é definitiva.
Por baixo tamén é moi distinta:
Estos son os outros:
Observar as liñas no pescozo do sapoconcho riscado.
Este é o noso sapoconcho.
Ver por baixo as diferencias: Nos sapoconchos a parte de abaixo chámase plastrón. Pois ben, no sapoconcho común o plastrón é amarelento con manchas pardas, tirando a negras. Non ten placas inguinais. Aparte o plastrón é articulado.
|
| Alimentación: |
Trátase dun carnívoro que captura pequenos peixes, anfibios e as súas larvas, moluscos, crustáceos, vermes e outros invertebrados. Come polo tanto un pouco de todo. Incluso insectos. É menos selectivo a hora de comer que o noso sapoconcho común.
|
| Habitats: |
Na fotografía o sapoconcho noso, pero o habitat é moi similar. En realidade hoxe descoñecese a súa distribución en Galicia, xa que existen citas de animais liberados dende 1990. Básicamente: ten hábitos acuáticos, normalmente nas zonas dos ríos onde non hai moita corrente, tense localizado ademáis de en ríos tamén en lagoas costeiras; o seu biotopo está sempre provisto de abondosa vexetación, non alongándose moito da auga, onde busca protección e alimento. Atopouse no Baixo Miño, nas ribeiras do Louro en Budiño En lagoas e varias charcas. E por suposto en ríos sempre en lugares de pouca corrente.
|
| Reproducción: |
O ciclo reproductor non foi estudiado para Galicia. Pódese xeneralizar dicindo que a posta, de 5 a 12 ovos de casca dura, realízase no verán, en terra branda, axeitando a femia o lugar apropiado con grande laborosidad. Medran rápido.
|
| Protección: |
No está protexida, si non todo o contrario. Hai que pensar que entra en competición co noso sapoconcho, que está en perigo de extinción.
|
| Distribución en Galicia: |
Non se teñen moitos datos... Atopouse no Baixo Miño, nas ribeiras do Louro en Budiño. Tamén en Corrubedo ou no encoro de Cecebre. En lagoas e varias charcas. E por suposto en ríos sempre en lugares de pouca corrente.
|
| Distribución no mundo: |
Esta tartaruga de auga doce é orixinaria de Amnérica Tropical desde o sur de EEUU até o Brasil, inda que a especie que máis abonda en Galicia foi traída de México e USA.
|
| Curiosidades: |
Especie foránea. Foi traída a Europa como mascota. En Espña rexistrouse a venda de millóns de exemplares (máis de medio millón anual nos anos noventa...), até que en 1997 a Unión Europea prohibiu a súa importación. O que pasou foi que moitas persoas foron cansándose das tartarugas pola súa voracidade e tamén plo que crecen e foron abandonadas en calquera lugar.
Decir que se considera unha gran ameaza para o noso sapoconcho.
|
![]()