Chámase en galego: "Ambroíño"
As súas follas son redondas, con un entrante na base, son moi coñecidas por todo o mundo. Medra en augas tranquilas de lagos e estanques.
Moi común. As flores tamén son blancas, aparte de vermellas.
Flores con 20-25 pétalos.
Tódalas follas son flotantes na auga, redondeadas, con un profundo entrante na base, vermellas por baixo.
Flores de 10-20 cm, olorosas, flotantes.
En augas tranquilas de menos de 2 metros de profundidade.
O seu nome é Nenufar pero tamén se chama Rosa do amor, ambroíño de río, ara, folla do aire e golfán.
As flores poden ser blancas. Ten moitísimos pétalos sobre 30. En castelán tamén se chama Nenúfar blanco.
A información anterior está collida do libro "Claves de la flora de España" do que é autor Mariano Garcia Rollán. Un sensacional libro.
Importante sobre o ambroíño:
Nalgúns puntos do río Miño hai o Ambroíño enano que ten como nome científico Nynphoides peltata, que é moi aparecido o tratado nesta ficha pero ten as flores amarelas. Seica está en perigo de extinción. Unha magoa.
Información e fotografía sacada do libro "Os ríos galegos" de editorial A nosa Terra e autores Manuel Nuñez, Adela Leiro e Mon Daporta. 2007.