Vese moito nos prados que están a beira dos ríos galegos. Chámase trevo, trevo encarnado ou trevo rubio en galego. Tamén trevo dos prados.En castelán Trébol violeta.
As follas teñen a forma de trevo ou sexa con tres foliolos; as flores son pequeniñas e preséntanse en capítuos. Son un bon pasto po ganado.
A fotografía sensacional é de Antonie der Bos.
A fotografía sensacional é de Antonie Van den Bos.
Estípulas das follas medias bruscamente estreitadas nunha punta cerdosa.Moi variable o tamaño 5-100 cm., pelosa.
Foliolos pelosos, polo menos polo envés. Estípulas triangulares, as superiores moi anchas.
Cabezuelas florais de 2-4 cm., globolosas ou ovoideas, solitarias ou en parellas.
Sépalos triangulares con extremo filiforme, estreitos, ciliados, separados por senos anchos. Corola de 12-15 cm., xeralmente púrpura - roxiza ou rosa , rara vez crema ou blanca. Froito oval, de extremo engrosado. Vese en prados polo tanto moi a beiras dos nosos ríos galegos.
En castelán chámanlle trébol violeta ou trébol roxo.
O texto anterior está copiado o pé da letra do sensacional libro de Mariano Garcia Rollán "Claves para a Flora de España". 1981. O único feito é a traducción o galego.

----------------------------------------------------------------------------------
Hai tamén o trevo de auga que é unha planta distinta.

Trátase do Menyanthes trifoliata, trevo de auga.
|
|
Este trevo ten unhas flores moi características que se ven na fotografía. Os peliños que leva son inconfundibles.
Este trevo está presente nos ríos galegos e florece no verán. Descoñezo o autor da fotografía. |
Nesta fotografía as follas teñen unha forma máis perfecta, cós tres foliolos.