Chelidonium majus L.

 Ceruda. (Celidonia).

A ceruda vese en moitos lugares de Galicia: camiños, muros e por suposto tamén preto dos ríos. De feito a fotografía, está feita (en abril do 2008) en San Clodio, por detrás vese o río Avia e a ponte medieval de San Clodio.

 En Galicia, esta planta,  ten moitísimos nomes o que quere decir que é moi coñecida: ceruda, celidonia, anduriña, herba golondrineira, herba  leiteira,  leiteriña, cilidonia, ciridoña, anduriña, ciruda, herba das andoriñas,  herba das verrugas, etc.

 

Ver as características desta planta.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ceruda. Celidonia.

De 25-90 cm. con pelos dispersos e zume anaranxado tóxico.

As follas son pinnadas con 5-7 lóbulos a súa vez lobulados ou dentados, blandas o tacto e de envés glauco.

O esgazala planta presenta un zume amarelo-laranxa.

O zume e o po das raiceiras emprégase para sedante e máis para as verrugas ou espullas.

En castelán chámase hierba golondrinera, hierba verrugueira. Celidonia.

 En Galicia ten moitísimos nomes o que quere decir que é moi coñecida: ceruda, celidonia, anduriña, herba  leiteira,  leiteriña, cilidonia, ciridoña, anduriña, ciruda, herba das andoriñas, herba golondrineira, herba das verrugas, etc.

As flores son amarelas de 2-2,5 cm. de diámetro, con 4 pétalos.

Os froitos de 3-5 cms, lineais e lampiños. Semillas negras con extremo branco.

Dase moito en terrapléns, paredes,  setos e tamén a beira de moitos ríos galegos.

En Ourense a beira do río Barbaña había un montón en abril do 2008.

O zume que é amarelo mancha bastante; é o que se emprega para as verrugas.

 

As flores, sobre 2 cms., levan dúas sépalas, cando estas abren presentan 4 pétalas amarelas, que aparecen na planta entre maio e novembro.

Dase en calquera lugar, vese moito preto dos ríos. Tamén nos camiños e nos muros.

A ceruda na Ponte de San Clodio. Río Avia. Ourense.

As follas son pinnadas con 5-7 lóbulos a sua vez lobulados ou dentados, blandas o tacto e de envés glauco.

Ceruda a carón do río Barbaña en Ourense. Abril do 2008.

 

Estos datos están copiados (traducida o galego) do gran libro de Mariano Garcia Rollán xa citado na bibliografía.

Tamén do libro "Flora de Galicia" de Xosé Ramón García.

As fotografías son todas do autor da web e están sacadas preto do río Avia en San Clodio.

Saír.