Pteridium aquilinum. Fento común. (Helecho).

É abondoso nas beiras dos ríos galegos, inda que se ve moito máis nos piñeirais, eucaliptaís, camiños,  etc.  En xeral en lugares húmidos e sombríos.

As frondes son duras. Cobren  moitos lugares onde non hai árbores.

Ver as características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pteridium aquilinum

Fento común.

O fento común ten un rizoma oscuro e groso.

As frondes, algo duras, chegan os 70 cms.

As frondes levan unha primeira división, e logo folíolos que se dividen en lóbulos algo lanceolados.

Ten outros nomes: felgo, fento, fenta, fieito, folgueira, etc.

É o fento o nome máis común de todos.

Atópase en tódolos piñeirais, eucaliptais, beiras dos camiños e lugares onde se bota lixo, tamén por suposto a beira dos ríos.

Gusta moito de lugares húmidos e sombríos.

Este fento é tóxico, dicen que a súa inxestión produce cancro.

As frondes, si se consume crudo, elimina a vitamina B1 do organismo.

Ver este  link

Non levanta moito do terreno por norma xeral, inda que se poden atopar de máis dun metro.

Moitas veces o fento común cobre extensións enteiras de zonas sin árbores.

Levantan un pouco do chan e dende logo permiten mirar por baixo dos fentos o que hai.

Teño collido en outono cantidade de Boletus aestivalis simplemente mirando por debaixo dos fentos.

Así queda o fento despois do outono.

As distincións entre este fento o fento femia e o fento macho son as seguintes: co fento macho os folíolos non son enteiros se non que van divididos en lóbulos coas beiras dentadas.

Aquí son enteiros os lóbulos, cousa que non pasa no fento macho.

No fento femia tamén son algo dentados os lóbulos e non enteiros.

No fento femia os soros van alongados en ángulo, facendo un pequeno gran en cada lóbulo.

No fento macho os soros van detrás dos lóbulos en dúas rengleiras curtas.

As fotografía aparecen coa firma. O texto está sacado do libro  "Flora de Galicia" de Xosé Ramón García, Editorial Follas Novas 1979, que é a miña "bíblia" no tema das plantas en Galicia.

Ven moi completa esta web.

Saír.