Na fotografía, sacada polo autor da www na Devesa da Rogueira, no Courel, vese o froito da silva macho que é o escaramuxo, tamén chamado cinorrodón. Trátase dun arbusto moi bonito que da como froito unha boliña roxa ou vermella que se ve na fotografía. Dice o meu amigo Erik que este froito ten moítisima vitamina C, e dende logo el é un entendido.
A silva macho é un arbusto entre 1 a 5 metros de altura con pólas e talos de cor verdosa e con espiñas.
As follas son alternas, aserradas.
Parécese moito a silva ou silveira, pero distínguese no ovario, que é infero (situado por debaixo dos demais verticilos da flor e como encerrado no seu receptáculo). Tamén o froito é moi diferente como pode verse.
En Galicia atópase en calquera lugar. Abunda moito en Zamora na zona de Lubián.
Hai moitos tamén a carón do río de Queixa, en Chandrexa, Ourense.
Eu chámolle escaramuxo, cando a planta en realidade é a Silva macho e o escaramuxo é o froito.
O froito chámase en algúns lugares cinorrodón.
Outra fotografía do arbusto.
Os escaramuxos son utilizados moito na mediciña popular polas súas propiedades astrinxentes e a súa riqueza en vitaminas.
Utilízase crúa ou cocida para a diarrea, fraxilidade capilar, obesidade, astenia e convalecencia.
Contén glúcidos, taninos, ácido gálico, carotenoides ( provitamina A), pectina, flavonoides (vitamina P) e a xa dita cantidade elevada de vitamina C.
A fotografía está sacada no mes de octubro do 2001.
Rosal silvestre ou silva macho en Chandrexa de Queixa. 2005.En castelán chámase agavanzo, agavanza ou escaramujo e tamén rosal silvestre, zarzarosa e tapaculos.
As flores son blancas ou rosadas ou mezcla. Florece a finais da primavera.En galego chámase escaramuxo (non o vexo no diccionarios, pero si é utilizado), silva macho ou roseira brava. O nome máis correcto é silva macho.
O nome científico de Rosa canina está bastante claro xa que as espiñas do silva macho mesmo parecen colmillos dun can.Florece de maio a xuño e da os frutos, o escaramuxo, o final do verán ou principios do outono.
Dice o meu amigo Erik que este froito ten moítisima vitamina C, e dende logo el é un entendido. Efectivamente é certo, aparte ten outras vitaminas.Con este froito hai xente que fai mermeladas.

Na fotografía vese perfectamente a folla e os froitos.

O escaramuxo foi utilizado na segunda guerra mundial, como sustituto das laranxas.
Rosal silvestre ou silva macho en Chandrexa. Xuño do 2007 foto do autor da web.
As flores en xeral teñen 5 pétalos rosa ou blancos e moitos estames. Ver as fotografías. Inda que en Galicia hai varios tipos de Silva macho.

Flor da silva macho. Chandrexa. Foto do autor.

Outra fotografía do mismo rosal.

Escaramuxo na Devesa da Rogueira, 14/11/2007. Foto propia.

Escaramuxo na subida a devesa da Rogueira no Caurel. 08/11/2007

A misma fotografía con outro enfoque.
![]()