Ajuga reptans. Corocha. (Búgala)

A corocha é unha herba bastante popular nos prados de media montaña e por suposto a beira tamén dos regatos.

Ten un porte esbelto duns 30 cms e unhas flores moi bonitas de cor azúl con venas de cor blanco.

As follas son moi grandes entre 5 a 7 cms.

Reprodúcese en base a estolóns.

A fotografía está sacada en maio do 2005 nun prado preto de Taboazas (Chandrexa de Queixa. Ourense.)

Ver  características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.

salir.jpg (922 bytes)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Corocha, herba corocha.

Neste prado mezclado coas abrótegas estaba a corocha.

 

Esta é a herba corocha, consolda media,  herba de San Lourenzo, ou herba férrea. Tamén recibe o nome de Búgula.

Trátase dunha lamiácea.

A corocha é unha planta que se reproduce por estolóns (como as fresas, un trozo do tallo da lugar a outra planta)  e bota ademais talos de atas 30 cms.

As follas que son basais, van opostas, e  van en mouta, e son bastante grandes entre 5 a 7 cms.

Esta fotografía está sacada, polo autor da www, en maio do ano 2005.

Trátase dun lameiro de auga abondosa xa que hai un regato do que se aproveita a auga para enchoupalo e ter unha boa herba.

A corocha estaba entre centos de abrótigas.

Os talos son ergueitos e van os verticilos de flores azuís con catro estames.

Os talos levan dúas caras cubertas de pelosidade.

Frolece o final da primavera. As flores son azuis e levan unhas venas brancas polo medio.

Dase ben nos prados, beiras de regatos, pradeiras de arbustos, bosques de fronda e matogueiras.

En castelán chámase búgula, brígula ou consuelda media.

O nome científico é Ajuga reptans L.

Na fotografía o río Navea, na Serra de Queixa. En primeiro lugar o prado onde saquei as fotografías.

As flores teñen un alto contido en taninos, e foron utilizadas en infusión como antidiarreicas e vulnerarias (ou sexa cura as feridas). Os gargarismos con infusións foron un remedio popular moi apreciado para curar a gorxa.

O texto está copiado, na súa maior parte, do libro Flora de Galica de Xosé Ramón García.  Editorial Follas Novas. 1979 .

Tamén do libro Guía de Plantas Medicinais de Galicia de Antonio Rigueiro e varios. Galaxia 1996.

As fotografías son do autor da www: Secundino Lorenzo.

 

 

 

Todas as fotografías están feitas neste prado a carón do río Navea ou río de Queixa, xusto onde baixa o regato da Fraguilla, o pé do pobo de Taboazas. Un lugar singular.

Neste prado na parte de arriba vense un gran carballo (xa enfermo)  e o seu fillo, máis o lonxe no centro un pradairo singular e a dereita un bidueiro.

No medio, casi parece un corro de bruxas as nosas esbeltas abrotias ou abrótega, unha planta que me chamou poderosamente a atención, e como non,  puxen unha ficha nesta miña páxina www sobre "A vida nos ríos galegos". No medio había varias corochas que me chamaron a atención.

Realmente,  vendo estas imáxenes,  enténdese perfectamente que se reivindique unha natureza marabillosa e que se fagan e xustifiquen páxinas www como a miña...

Saír.