Valeriana officinalis.

 Valeriana. (Valeriana)

A valeriana e un planta que tamén se ve a carón dos ríos galegos, sobre todo en prados húmidos. É unha planta con talos moi robustos erectos, ocos que poden ter ata 2 metros de alta.

As follas son opostas e as flores aparecen en ramalletes sempre na beira superior da pranta. Florece na primavera, as flores son de cor rosa pálido.

Ver características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Valeriana.

Dibuxo sensacional do Prof. Dr. Otto Wilhelm Thomé
Flora von Deutschland Österreich und der Schweiz.

A valeriana presentase nos prados a carón dos ríos de Galicia.

É unha planta moi vistosa cando está en flor xa que estas forman uns ramalletes moi característicos.

Ten talos anchos moi longos e ocos.

As follas son opostas, poden ter ata 20 cms.

En castelán recibe o nome de valeriana e tamén Hierba de los gatos.

En galego ten moitos nomes: valeriana, birbiriana, herba bendita, herba benta, herba dos gatos.

Fotografía de Hlasek.

Nesta fotografía sensacional de Hlasek vese perfectamente o ramallete de flores e as follas. As flores son cor rosa pálido.

O talo sempre é acanalado.

O froito é oval e lampiño, vese perfectamente no dibuxo de  Otto Wilhelm Thomé.

Fotografía  de Antonie Van des Bos.

Esta fotografía tamén é moi boa.

As partes subterráneas desta planta seica se utilizan en viño ou tamén en infusión como calmante dos nervios.

Tamén foi usada como cebo para as ratas.

A valeriana xa se coñecía en Grecia,  xa que foi usada por Galeno  para combater o insomnio, a ansiedade e o nerviosismo.

 

Saír.