Myrica gale.

Frundio. (Mirto de Barbante)

Na sensacional fotografía de Josef Hlasek vese perfectamente o frundio,  en castelán mirto.

Realmente é un arbusto que pode chegar os dous metros.

Atópase as veces a carón dos ríos galegos e nas brañas.

Florece na primavera.

Non está de máis coñecelo xa que utilízase como medicinal, ornamental en incluso na elaboración de licores.

Ver características.

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Frundio ou Mirto de Barbante.

O frundio ten este aspecto.

Esta planta chámase en galego: frundio, frundo, frundiño, mirto de Barbante e tamén en algún lugares palmas.

En castelán chámase mirto ou mirto de Barbante. Tamén arrayán brabántico.

O nome de myrica ven do grego muron e fai referencia o perfume desta planta. O de Gale seica é o nome que se lle da en Escocia.

As follas son dentadas na parte máis exterior. Ten uns puntiños doutra cor que son en realidade esencias.

É polo tanto unha planta aromática, eso é evidente.

O froito é unha drupa seca e acastañada.

A planta pode botar ata 2 metros e dende logo parece unha pequena árbore. A cortiza é negra ou negruzca.

As follas son longas e o final aserradas. Os puntiños que ten , que son doutro cor, son esencias. Vense ó trasluz.

Atópase a carón dos ríos galegos pero no norte de Galicia, ou sexa toda a provincia da Coruña, o norte de Lugo e o norte da provincia de Pontevedra.

Pode atoparse ata 1.000 metros de altitude.

As flores que se ven na fotografía son verdosas amarelas. As masculinas e as femininas saen en plantas distintas.

Ten unha floración precoz na primavera.

Tense usado para escorrentar insectos tamén dicen que teñen propiedades sudoríferas.

O froito tense usado para facer licores e proporciona un colorante amarelo.

Tamén se ten utilizado como ornamental.

Bibliografía usada  "Guía das árbores de Galicia" de Henrique Niño e Carlos Silvar;  e "Flora de Galicia" de Xosé Ramón García.

Saír.