Phyllostachys viridiglaucescens. Bambú. (Bambú de China)
Bambús a carón do río Barbañica en Ourense
O Bambú figura por méritos propios dentro das plantas ou arbustos a carón dos ríos galegos. Non é abondoso e vese pouco xa que o bambú, do que hai moitísimos xéneros, procede de paises como Asia, América e incluso Africa.
Os méritos propios son que resultan dun material extraordinario para facer canas dos pescadores entre outros moitos usos.
![]()

Bambú a carón do río Barbañica en Ourense.
|
Nome científico: Phyllostachys viridiglaucescens
Taxonomía da planta: Reino: Plantae División: Magnoliophyta Clase: Liliopsida Orden: Poales Familia ; Poaceae Subfamilia: Bambusoideae Xénero: Phyllostachys
O nome castelán é o de Bambú de China. Nota: Non estou seguro que este bambú da fotografía sexa precisamente o da especie Phyllostachys viridiglaucescens, xa que hai moitos en Galicia, como as variedades flexuosa, aurea, etc. O que si é: un bambú. Características
familiares dos bambús: O Phyllostachys é un deles.
|
|
Os bambús son orixinarios de Asia, América e Africa. O Bambú foi introducido polos portugueses no século XVI. Dende logo é unha planta moi útil tendo moitísimas aplicacións aparte da súa mitoloxía e simboloxía. Moitos chámana o "aceiro vexetal" debido a súa dureza. As canas de pesca de bambú son auténticas xoias pola súa forza e a súa elasticidade. Por eso figura esta planta nestas fichas.
A planta do Bambú é fácil de recoñecer, cando está formada xa a cana, polo aspecto que tén.
Cana do Bambú.
As follas tamén son moi características. lanceoladas, longas, pasan algunhas dos 20 cms.
Este é o aspecto da plantación.
|