Aquilegia vulgaris.

Herba dos pitos. (Aguileña).

 

 

Ten unha flor de cinco pezas externas e outras cinco internas.

É moi vistosa. Flores azuis, violáceas. Ten un esporón traseiro que se distingue perfectamente.

Tamén se chama paxarilla,  clérigos boca abaixo  e farolillos de San Antonio, entre outros nomes.

 

Ver outra fotografía e as características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Outras fotografía.

Aquilegia vulgaris.

É moi vulgar como mostran os seus nomes galegos: bonetes, paxariños, escornacabras, herbas dos pitos, etc.

Por arriba ten un talo que non é viscoso.

Moi variable. De 30-90 cms. 

Follas basais compostas, con nove foliolos peciolados e irregularmente lobulados, lampiños por riba e pelosos por baixo.

 

Flores inclinadas, violeta, rosa ou blancas, de 3-5 cms. de longas, incluidos 5 espolóns de 15-22 cms, moi ganchudos. Carpelos glandulo-pelosos.

É tóxica.

Atópase nos prados e lugares de rochas.

Chámase aguileña, paxariña ou faroliños de San Antonio. Tamén manto real.

O tipismo das flores está claro, ver si non as flores de 4 cm. de longo, cor violácea, con cinco pétalas e que levan un esporón cada un, saindo cara atrás.

Florece no verán.

É unha planta pezoñenta.

Penso que é de xustiza decir que o texto anterior e o dibuxo están copiados do gran libro " Claves de la Flora de España" do autor Mariano Garcia Rollán. A fotografía tamén é do autor. Moitas gracias.

Tamén utilizo o libro "Flora de Galicia" de Xose Ramón Garcia, publicado 1979  por Follas Novas un libro pequeniño, pero sensacional.

Esta fotografía está sacada no río Mao na presa do cura, onde se ve a paxariña perfectamente.
Outra fotografía do autor da www.

Fotografía sacada en Chandrexa de Queixa, na Ferrería.

Saír.