As carqueixas son bastante frecuentes, sobre todo onde hai matogueiras e brezais, en ríos das serras de Lugo e Ourense.
Trátase dun arbusto erecto moi ramificado e pode botar ata 70 cms. e inda máis. Ten a flores amarelas, como se ve na fotografía. As folliñas están estarricadas ó longo do tallo, esta é unha particularidade que a distingue perfectamente. Da carqueixa, falaba marabillas o Monxe Frei Martín Sarmiento, a quen se lle dedica o día das Letras galegas no 2002.
Na fotografía carqueixas en Chandrexa de Queixa, no río Navea.
Carqueixa na Serra de Calvos, no Concello do Incio en Lugo, unha marabilla de lugar. Fotografía do autor da www.
Identificación.
![]()
A Carqueixa chámase tamén lavacuncas, carpaza, e carqueixa lavacuncas.
É un arbusto de moito ramallo, que pode chegar ata os 70 cms. sin follas. Leva por toda a pranta coma se foran uns cordóns membranosos que a recorren, e ó chegar os nós fan dentes. En realidade son unhas folliñas que están estarricadas ó longo do tallo. Na fotografía , Chamaespartium Tridentatum ou Pterospartium tridentatum, sacada deste link , (sacada nas Médulas, e posta nun caderno) poden observarse estes dentes, e as folliñas.
Os froitos de 6 a 10 mm, levan pelos. Frolece no verán.
Carqueixa no río Navea en Chandrexa de Queixa. Ourense.
![]() |
|
![]() |
|
Na fotografía, sacadas polo autor da www na Serra de Calvos, no Incio en Lugo, vense as carqueixas mezcladas cós carrascos en primeiro plano, e as xestas ó fondo.As carqueixas son as amarelas. Os carrascos son os de cor violeta e no fondo vense xestas normais.
Carqueixas e carrascos na Serra de Calvos, preto de Rubián, no Incio, Lugo.Non se debe confundir a carqueixa, cós toxos (que teñen pinchos) ni coa xesta amarela (está non ten os cordóns membranosos, nin fai dentes nos nós, nin os froitos levan pelos). Tampouco cós codesos.
Esta é unha carqueixa. É moi distinta da xesta, do toxo e o codeso, de preto os talos son distintos, coas follas estarricadas ó longo do tallo. Por suposto non pincha como os toxos, e os codesos os talos son completamente distintos.
Esta é unha xesta, de flores tamén amarelas. Non se debe confundir coa carqueixa, os talos non teñen as follas estarricadas. Esta é o piorno ou codeso. É moi distinta, de preto os talos son distintos, non ten as follas estarricadas ó longo do tallo.Os seus poderes curativos.
Efectivamente a Carqueixa ten poderes curativos moi altos para moitas cousas, según Frei Martín Sarmiento (1695-1772)... "nalgúns casos, a carqueixa, pode curar moitas enfermidades, como son as reumáticas, os hematomas, as dificultades para eliminar líquidos e todo xénero de obstruccións''. Tomada a auga da cocción da carqueixa, que é o xeito ordinario de aplicala, pódese purifica-lo sangue e abri-lo apetito ós desganados. Nalgúns lugares observou cómo a xente levaba o gando a carqueixais para curalos da inapetencia". Casi nada.
Tamén fala das precaucións que hai que ter coa carqueixa.
Para Frai Sarmiento a Carqueixa do Cebreiro é o máximo: "Yo haría venir la Carqueixa del Cebrero, por lo propicio de su clima para las plantas". Así lo siente en San Martín de Madrid á 4 de junio de 1759.
A súa utilidade nas casas galegas.
|
|
|
Fotografías da Carqueixa pola zona de Chandrexa de Queixa. Ourense.
![]() |
|
|
|
|
Non se debe confundir a carqueixa anterior coa Halimina alyssoides ou carqueixa boieira en galego (Jaguarzo en castelán ou halimio), chamada tamén herba de ouro. As flores son distintas inda que tamén son amarelas. É unha planta herbácea chea de peliños. Vese xunto a anterior e é bastante común en media montaña. A fotografía aparece no libro de Eduarno Olano cando fala sobre a flora do Teixadal de Casaio. Ver a ficha desta planta.
Esta tamén é unha Halimium, trátase do Halimium umbellatum (Carqueixa de umbela en galego e halimio umbelado en castelán), poño esta pranta xa que vexe moito tamén na zona de Chandrexa de Queixa a 1100 metros. As flores son blancas e a confusión non se debera dar. Esta planta aparece xunto a carqueixa normal e tamén a carqueixa boieira. Aparece citada por Eduardo Olano no seu sensacional libro sobre Os teixos do Teixadal de Casaio en Ourense.
Parte da información anterior está sacada do libro "Flora de Galicia" de Xosé Ramón Garcia. Tamén do libro da Colección seitura "Disertación sobre las eficaces virtudes y uso de la planta llamada carquesa, conocida en Galicia por el nombre de Carqueixa" de Fr. Martin Sarmiento.
![]()