Smyrnium olusatrum.  Apio dos cabalos. Maceron.

Herba moi abundante o pe dos ríos galegos, nos prados húmidos e nas beiras; tamén en terrapléns que van o río..

 É bastante olorosa. Pode botar ata 1 metros de altura.

Bota unhas umbelas moi floridas, con flores amarelas. O final as flores póñese negras.

A fotografía está sacada en Allariz (Ourense), polo autor da web.

Chámase en galego apio dos cabalos e en castelán apio caballar, perejil macedónico e macerón.

Ver Características.

salir.jpg (922 bytes) Saír. 

     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Apio dos cabalos.

Fotografía do autor da web.

É moi robusta e pode alcanzar máis dun metro de alto con follas grandes divididas en folíolos anchos e dentados de cor verde intenso.

Os froitos cando maduran vólvense negros.

Chámase en galego apio dos cabalos.

Vive preto dos ríos e regatos e tamén en terraplens non moi lonxe da auga.

Florece na primavera.

Esta planta, a súa raíz, recóllese en algúns lugares. Seica é diurética.

En castelán recibe os nomes de apio caballar e  perejil macedónico.

 

 
As follas son bastante grandes e teñen unha forma especial.
Seica esta planta vive dous anos e da froito no segundo. Un froito moi pequeniño.

Saír.