Euphorbia helioscopia. Leiterena.(Lecherina).
Con este nome e máis o de garrido hai máis de vinte especies en Galicia.
Todas teñen en común unha frol un algo especial, ou como dice Xosé Ramón García no libro "Flora de Galicia", unha infrolescencia chamada CIATO. Ver as fotografías.
Leiterena
A leiterena é abondaso na beira de moitos ríos da nosa Comunidade.
As fotografías que siguen están sacadas, en distintas épocas, a carón do río Navea en Ourense.
Trátase dunha planta que chama moito a atención polas súas follas nas que no medio ten as flores.
Con este nome hai máis de vinte especies.
Todas teñen en común unha frol un algo especial, ou como dice Xosé Ramón García, unha infrolescencia chamada CIATO.
Moitas deitan leite ó arrincalas, sendo as follas de varios xeitos.
Florecen na primavera. Son velenosas.
Téñense empregado as sementes para vomitar, pero repito é velenosa.
En castelán chámase lecheruela, lecherina, lechetrezna, pichoga, tornagallos.
En Galicia esta planta recibe moitos nomes como: leiterena, garridos, ésulas, ésula menor, herba da fame, herba das maleitas, herba leiteiriña, herba rateira, leiterena, trovisco macho, etc.
Fotografías do autor da www:
Fotografía Chandrexa de Queixa. 16/05/2006
Fotografía sacada a carón do río Navea.
Fotografía Chandrexa de Queixa. 16/05/2006

A Ciato. Fotografía do autor da web.

Fotografía sacada en maio do 2008 no río Navea en Ourense. A verdade que non falta nada: a leiterena ou leiteiriña, a bolboreta e tamén pode verse un arácnido (neste caso un tomísido que é raro non esté da cor verde,póñense da cor que sexa conveniente).
Todos tuvemos sorte nesta fotografía: o autor, que son eu, poucas veces se ven estas cousas, a bolboreta que é moi bonita e disfruta do néctar da flor, o arácnido disfrutando esperando a oportunidade e o río...