Coas espadainas, aprendín a nadar, nos meus anos mozos, ala por Randín no río Salas en Ourense. Facíase un feixe moi grande delas e flotábase no río perfectamente.
Ensinoume o meu amigo Pincho, que hoxe é o panadeiro do pobo, o que lle dou as grazas e mándolle un abrazo, dende esta folla www, inda que dubido moito que chegue a ler esto algún día.
Coas espadainas faise de todo, ata asentos , esteiras e canastras.
As follas son moi longas, máis dun metro e estreitas como espadas. Bota talos de 1 m. e no cumio nacen as froles. En grupos de dúas a tres.
As froles son grandes, sobre 10 cms e levan cáliz e corola de tres pezas.
O cáliz é de cor amarela igual que a corola.
O froito semella a un pemento de padrón.
Froito. Descoñezo o autor da fotografía.
Dibuxo que comprende todos os estadíos da espadaina. Tamén se ve o froito que é esa cápsula que parece un pepino.
|
|
|

Detalle da flor da espadaina. Fotografía do autor da www.
O texto anterior está copiado do sensacional libro "Claves para a Flora de España" de Mariano Garcia Rollan.
Tamén do libro "Flora de Galicia" de Xosé Ramón García.
Nota curiosa: en Ourense hai un lirio, o lirio do Xurés que é único; trátase dun endemismo de Galicia e o norte de Portugal. Non ten nada que ver cós ríos xa que é de montaña. Dase entre toxos e brezos ata 1200 metros.
![]()