Humulus lupulus. 

Lúparo. (Betiguera)

Fotografía de Josep Maria Barres. Libro Plantas Medicinales.

As gabeadoras ou lianas adoitan ter talos fortes que lles permite subir e agarrarse as árbores. Son abondosas nas beiras dos ríos galegos. 

Entre estas plantas a da figura é o lúparo; en castelán betiguera ou brucolera. As súas follas son inconfundibles.

Ata non fai moito usábanse en Betanzos para darlle sabor a cervexa.

Características.

Saír.                      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Lúpulo

Fotografía de Josep Maria Barres. Libro Plantas Medicinales.

Áspera. Tallo trepador á dereita, de ata 6 metros. Follas opostas, de 10-15 cm., palmeadas, xeralmente de 3 - 5 lóbulos profundos, agudos e dentados.  Flores verdes; as masculiñas de  5 mm. de diámetro, en inflourecencias ramificadas colgantes; as femininas, en inflourecencias.

As inflourecencias teñen  aspecto de piña pequena de 1,5 - 2 cm., que se alonga ata medir 3 a 5 cm. ó fructificar, tomando aspecto papiráceo. Por certo recúbrense dun polvo amarelo (lupilino) que aromatiza e conserva a cervexa.

Dase en setos e en lugares húmidos. Por suposto vese a carón dos ríos trepando por un muro, uns árbores ou unha rocha calquera.

O texto está copiado, traducido o galego, do sensacional libro "Claves para la flora de España" de Mariano Garcia Rollán. 1981.

O lúparo é diurético, hipnótico, anafrodisíaco, sedante e tónico - dixestivo, casi nada.

No libriño "Conocer las planta Medicinales" de la colección "Cuerpomente Salud y calidad de vida" veñen descritas as proporción e os usos medicinais desta planta sensacional.

A fotografía está sacada en Ourense, no paseo das ninfas, xusto por debaixo do campo de Reza.

Día da fotografía 20-09-2001.

O lúpulo é moi abondoso nesa zona do río Miño.

En Galicia dinlle: engatadeira, lúpalo, lúparo, lupio e lúpulo.

 

Subir.