O bión era a planta típica da Lagoa de Antela, cando esta Lagoa existía en Ourense. Que magoa... A lagoa de Antela desapareceu nos anos cincuenta.
Este xunco merece estar nesta relación de plantas dos ríos galegos, inda que soio sexa por motivos sentimentais.
"A Lagoa de Antela nunca debera deixar de existir, na miña opinión foi una auténtica desgracia para a xente da Limia e para Galicia" .
Hoxe sería única en España, pola contra que temos no seu lugar?... Mellor non decilo.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Curiosidades | Diferencia có xunco común | Fotografía e bibliografía |
![]()
Nome CIENTÍFICO.
Scirpus lacustris
Nome galego
Bión, Xunco de Lagoa, Antela.
Nota histórica:
O bión era a planta típica da Lagoa de Antela, na provincia de Ourense, hoxe disecada. Sin dúbida foi un auténtico atentado ecolóxico.
A lagoa estaba en Xinzo de Limia. Ourense. Este era o mapa de Fontán que a delimitaba perfectamente. 40 km2 de vida...Hoxe dedicado a patacas e pouco máis...
Nome castelán
Junco de Laguna.
Dimensións
Ata 3 metros.
Identificación:
![]()
Descripción: herba perenne. rizomatosa. glabra. Talos simples. cilíndricos. de ata 3 metros.
Ten espiguillas de 3 a 10mm., en grupos dispostos en cabezuela ou en umbela de radios desiguais. Glumas escotadas, con sainte e lóbulos laterais romos, as veces, ciliadas, pardo-vermellas. Cerdas florais ásperas.
Xeralmente acuática.
Dase en lugares húmidos, preto por suposto das lagoas.
O lector debe saber que hai por riba de 15 tipos de scirpus.
Habitats:
En solos encharcados e húmidos de Galicia. Florece de maio a decembro.
Vese nas beiras das lagoas.
O bión está desaparecendo en Galicia debido a que tamén están desaparecendo os humedais.
Outra magoa.
Curiosidades:
Os talos dada a súa flexibilidade utilízanse como sustitutivos das cordas. Úsanse a modo de mimbres para fabricar cestos ou esteiras. Os rizomas ou talos xóvens cómense en algúns lugares dado o seu sabor dulzón. Sin embargo. sería necesario absterse desta práctica. dado que en estado xoven é doado confundirla con diversas especies de xuncus, plantas altamente tóxicas.
Diferencias co Xunco normal:
![]()
![]()
Eu penso que as diferencias saltan a vista.
O bión, a fotografía da esquerda, non ten as boliñas que ten o xunco normal o da dereita.
Ver tamén os dibuxos:
Este é o bión.
Xunco normal.
Bións na Lagoa.
Bibliografía usada: NOS TEXTOS o libro " Claves de la Flora de España" de Mariano Garcia Rollán.
Tamén o libro "Antela a memoria asolagada" de Xosé Luís Martínez Carneiro.
As fotografías son de internet.