Lonicera periclymenun.

 Chuchamel. (Madreselva)

Esta planta é unha gabeadora. Ten como todas as gabeadoreas, talos fortes que lles permite subir e agarrarse as árbores. Son abondosas nas beiras dos ríos galegos. Entre estas plantas,  a da figura é a chuchamel ou Herba Salgueira. En castelán chámase madreselva. O seu froito, en racimos vermellos,  é velenoso. Cheiran moi ben.

Ver dibuxo sensacional de Otto Wilhelm Thomé e características desta planta.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Chuchamel ou madreselva

Lonicera periclymenun

 

LONICERA PERICLYMENUN

Follas situadas baixo a inflorescencia libres, entre 3 a 7 cms. Teñen forma de corazón.  De ata 6 metros. Follas oblongo ou elípticas, verde oscuro por riba, glaucas ou máis blancas,  por detrás, as veces sinuoso- dentadas.

Cheira que da gusto.

O dibuxo da dereita é de Otto Wilhelm Vitalba. Sensacional.

Corola de 3,5-5,5 cm., blanco crema ou amarelo, a menudo teñida da vermello; tubo máis longo có limbo, xeralmente glandular-pubescente. Olorosa. Froitos vermellos; globulosos en grupiños. Tóxica.

 Abondosa en bosques, camiños e tamén preto dos ríos.

Chámase en castelán madreselva.

As flores cheiran moi ben. Esta que aparece na fotografía, atopeina no paseo que vai, en Ourense, a carón do río Miño, preto da desembocadura do río Lonia. Cheiraba moito e demos con ela a miña dona e máis eu.

É doado de distinguir.

Nesta fotografía vese mezclada con outras prantas. Chámase en Galicia Herba Salgueira, tamén chuchamel e bigordo.

As flores van, como se pode ver, no remate das pólas, en ramalliños.

O nome de chuchamel é que os rapaces lle tiran a corola para chucharen as glándulas do néctar, arredor do ovario, que teñen sabor a mel.

Aquí vense as flores que poden ser amarelas ou blancas.

Esta planta é unha gabeadora, polo tanto vese mezcladas con outras. As follas son as que teñen forma de corazón e vense menos os nervios.

A chuchamel é unha gabeadora incrible e as veces soio se distingue das demais plantas pola flor que leva cálice de cinco dentes e corola purpúrea de tubo ensanchado como unha boca aberta.

Na fotografía sacada a carón do río Queixa esta planta estaba gabeando un sabugueiro e noutra fotografía outras árbores.

A chuchamel florece toda a primavera e no verán.

O texto anterior está copiado o pé da letra, traducido o galego, do libro de Maria Garcia Rollán titulado "Claves de la Flora de España". 1981.

Fotografía da chuchamel sacada en Calvos (Vilasouto-Bóveda-Lugo).

Detalle da flor. Fotografía de Norman Hagen.

A segunda parte da ficha, a que leva as miñas fotografías, o texto está sacado do libro Flora de Galicia de Xosé Ramón Garcia. Un libro moi útil e que tamén utilizo o facer estas fichas.

  Saír.